Información
Galicia

O Conselleiro de Educación (PPdeG) xa logrou o que ningún anterior da Xunta tres días de folga unánime

Información
20 Septiembre 2018 1376 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O único centro no se se imparten estudos superiores de Arte Dramática en Galiza finalizou hoxe unha folga de tres días que concitou a unanimidade da comunidade educativa contra os recortes de profesorado. Esta mañá o xefe territorial foi interpelado na permanente da Xunta de Persoal Docente, evadindo compromisos reais e defendendo a actuación do inspector

A comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza, con sede en Vigo, apelou hoxe á responsabilidade do Conselleiro de Educación tras non conseguiren nin a rectificación do inspector Gustavo Lorenzo Prozzo– ao que acusan dunha actitude despótica cara o centro – nin a do responsábel da xefatura territorial, César Pérez Ares.

Este último vén de ser interpelado na mañá de hoxe no decurso da comisión permanente da Xunta de Persoal Docente, quen, a pesar de solicitar un “informe exhaustivo” continúa sen ofrecer solucións concretas nin reprobar a actuación do inspector responsábel do centro, que supuxo a perda de seis docentes nos dous últimos anos.

Así o explicou aos concentrados/as Santiago Rodríguez, presidente da Xunta de Persoal, quen lembrou que o cupo de profesorado é competencia dunha Xefatura “empeñada en tratar a escola como un instituto de ensino medio”.

Profesorado e alumnado, unidos na loita

Pola súa parte, Afonso Becerra, representante do profesorado, que tamén falou na concentración, conminou as autoridades educativas a respectar un alumnado “que esixe a equivalencia acorde coa titulación na que se matricularon”. Sinalou, ademais, que os recortes en titorías nos que se ampara a redución de docentes “incumpren o plano de estudos”.

No tocante ao alumnado, as intervencións reiteraron as consecuencias da falta de equiparación cos graos universitarios, como o percibiren 800 menos nas becas ou non teren dereito a descontos no transporte público. Tamén denunciaron a ausencia de bibliotecario/a, a carencia de proxecto de adscrición, os recortes en PAS ou que de tres edificios proxectados só se construíse un.

A pesar de todo isto, destacaron que a comunidade educativa da ESAD se esforza en “ofrecer unha educación de calidade cando a administración llelo complica ano tras ano”.

É a quenda do conselleiro de Educación

Suso F. Rivas, da CIG Ensino, afirmou que a unanimidade e a capacidade de loita logradas nestes tres días de folga da ESAD valeron para “dar un serio toque de atención á Xunta”, que a partir de agora debe “reflexionar moi ben as decisións a tomar sobre o futuro da escola”.

Criticou, de novo, uns recortes que supuxeron que “nun prazo de tres anos se eliminase máis do 20% do profesorado”, co agravante de facelo nun centro onde o alumnado aumenta e que “imparte unhas ensinanzas únicas para o país, cun valor estratéxico”.

Por iso, segundo sinalou, e á espera do que poida comunicar a xefatura, é tempo de “interpelar directamente o máximo responsábel da política educativa”, referíndose ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

Non podemos permitir que se privatice, desprestixie nin desmantele o ensino público, e menos que unha parte do noso alumnado teña que emigrar”, finalizou.

Esta mesma tarde a comunidade educativa da ESAD convocou unha reunión para, despois destes tres días de folga, valorar os pasos a seguir de cara a manter acesa a chama reivindicativa dun centro que continuará a loitar contra a degradación causada pola Xunta

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....