Fronte ás declaracións de principios xerais da HIPOCRITA transparencia, de Marea Atlántica en variedade de entes, Decreto Transparencia, Dillo Ti, Escano Ciudadan, Web municipal etc, e na que segundo afirmaban pretendían introducir cláusulas concretas e verificables de transparencia a día de hoxe se descoñece tal transparencia si é que a hai, pero si é de dominio público as partidas multimillonarias e despilfarro para este apartado cuxos fins son descoñecidos.
Aínda que é unha iniciativa que aos máis de 48 mil socios de PLADESEMAPESGA parécelles adecuada e contra a que non se opoñen, a súa Vicepresidente Antón Salgado considera que non hai que considerala executada ata este momento si é que a hai, e presentada polo sr Xulio Ferreiro, como a "panacea da regeneración democrática? que a día de hoxe non se deu como de contrario con máis de 100 peticións desta entidade sen ningunha resposta a día de hoxe.
Salgado afirma que xa esta ben de promesas e chiringuitos, a cidade non esta para floreros populistas co pùblico "hai que pasar das palabras aos feitos, das declaracións de intencións á realidade".
Para a Plataforma en Defensa do sector Marítimo Pesquero de Galicia a TRANSPARENCIA de Marea Atlántica a día de hoxe entre o xa publicado e denunciado por activa e por pasiva adoece de varias cousas que poden dar lugar a moitas interpretacións á hora de pasar ao concreto, carecendo de forza normativa vinculante, quedando en algo tan só estético, denuncia Antón Salgado.