Imprimir

PATRICIA OTERO avogada laboralista e segunda tenente de Alcalde de Burela entra no Parlamento logo da saída de José Antonio Quiroga

Información
Galicia | 11 Septiembre 2018 | 3072 Votos

Patricia Otero 110918A avogada laboralista, segunda tenente de Alcalde de Burela e concelleira de Servizos Sociais, Economía e Facenda e Mar tomou posesión hoxe do escano como deputada do Grupo Socialista. A nova parlamentaria socialista prometeu o seu cargo logo da saída da Cámara do xa ex deputado José Antonio Quiroga para presidir a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil.

Otero, que é actualmente secretaria de Igualdade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, é licenciada en Dereito especializada en dereito laboral logo de traballar como orientadora laboral de UXT – Galicia, monitora do Instituto de Formación e Estudos Sociais, e avogada laboralista como autónoma.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 3072