Coco Ho e Wesley Dantas gañadores en categoría feminina e masculina da 31ª edición de Pantín Classic Galicia Pro

Información
Galicia | 02 Septiembre 2018 | 4305 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

  Coco Ho  • Coa entrega de trofeos péchase a edición deste ano que desde o 24 de agosto reuniu na comarca de Ferrolterra a máis de 350 surfistas de todos os continentes

Entregaronse os trofeos da 31ª edición de Pantín Classic Galicia Pro, a proba do circuíto mundial de surf homologada pola World Surf League (WSL) que se celebrou desde o 24 de agosto na praia de Pantín do concello coruñés de Valdoviño e que rematou hoxe.

 

Os vencedores foron Coco Ho e Wesley Dantas gañadores en categoría feminina e masculina. A edición da Pantín Classic Galicia Pro contou con máis de 350 deportistas de distintos continentes que participaron en dous campionatos, ambos con categoría feminina e masculina.coco ho3

Por unha banda, celebrouse a competición do circuíto mundial QS da World Surf League (WSL) na que participaron os mellores surfistas do mundo nunha modalidade que será olímpica no vindeiro 2020. Na categoría junior disputouse a última proba do circuíto europeo.

Nas súas máis de tres décadas de vida, esta cita deportiva está a converter a Comunidade galega e a comarca de Ferrolterra de xeito particular nun referente internacional no turismo de surf grazas á presenza de destacados surfistas profesionais de todo o mundo.