Información
Galicia

Homenaxean a memoria dos alcaldes e demócratas fusilados polo fascismo en 1936

Información
28 Agosto 2018 1035 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

No Xardín da memoria histórica, no cemiterio de Pereiró, Abel Caballero presidiu este luns o acto co que cada ano o Concello de Vigo honra a memoria dos fusilados en 1936, singularmente na madrugada do 27 de agosto, "demócratas" asasinados "polo feito de selo", anotou o alcalde.

Coa participación do goberno de Vigo e de concelleiros de Marea, e a ausencia de representación do Partido Popular, o Concello recordou oficialmente aos por entón alcaldes de Vigo e Lavadores, Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde, respectivamente, ademais dos deputados Antonio Bilbatúa, Heraclio Botana e Ignacio Seoane, todos eles fusilados polos fascistas en 1936.



O alcalde interveu recoñecendo a memoria de todos eles e doutros demócratas asasinados daquela, como Apolinar Torres, Gil Santóstegui, González Brunet e Enrique Blein Budiño. A homenaxe contou coa presenza de familiares de Martínez Garrido, Antela Conde e de Antonio Bilbatúa, e concluíu cunha ofrenda floral e un minuto de silencio

http://www.memoria-antifranquista.com/webvella/biblio/MAF13.pdf

Otros articulos relacionados.....