Información
Galicia

Os organizadores cifran “entre 5 e 6” a media de vehículos vendidos nos dous días e medio de feira, pero houbo algún concesionario que chegou a 13

Información
28 Agosto 2018 1139 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Belén Lendoiro e Luis Lamas visitaron a feira o sábado pola mañá

Belén Lendoiro e Luis Lamas visitaron a feira o sábado pola mañá

“A verdade é que nos saíu a feira redonda, porque tiñamos 26 coches e vendéronse a metade. O nunca visto”. Ricardo Varela non podía estar máis satisfeito do seu paso por Berocasión. E aínda que os 13 coches que venderon el e os seus compañeiros bateron un récord, o balance foi, en xeral, positivo para os 13 participantes. “A media puido estar entre 5 e 6 coches por expositor”, sinala Marcos Díaz Molk, un dos organizadores, á espera de pechar os datos oficiais, pero en calquera caso serían entre 65 e 78 unidades vendidas en total.

 

O que parece claro é que a edición número 13 foi a dos récords, porque houbo máis expositores ca nunca, máis vehículos á venda ca nunca e máis operacións pechadas ca nunca, botando por terra todas as supersticións asociadas a ese número.

Este ano tamén houbo máis días de venda, medio día máis para ser exactos, porque a feira xa abriu as súas portas o venres pola tarde. “Sorprendeunos que xa houbo bastante xente”, sinalou Díaz Molk, que valorou tamén moi positivamente a afluencia de público. Entre os/as visitantes estiveron tamén a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro, e o concelleiro Luis Lamas, que fixeron un percorrido por todos os expositores o sábado pola mañá.

Esta 13ª edición de Berocasión foi, ademais, “a feira da dúbida tecnolóxica”, apuntan desde a organización, xa que se atenderon moitísimas consultas sobre os cambios de normativa sobre contaminación.

Automóviles Dimolk-Peugeot, Caeiro-Renault, J. Lema Multimarca, Miguel – Taller Cinco Multimarca, Rebalcars Multimarca, Vilas Rama – Citroën, V-Car, Chacar Multimarca, Balsacar Multimarca, JGCar, Garvi Automóviles, Grupo Breogán –Toyota e Bercauto foron os 13 participantes.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+