Dende a asociación Apropiga manifestamos o noso apoio ó colectivo de axentes forestais e medioambientais na loita que están desenvolvendo pola defensa dos seus dereitos laborais e salariais xustos. Asimesmo, compartimos con eles a defensa por un Servizo Público e Único que garanta a prestación dun servizo esencial de calidade no eido das emerxencias e a prevención e loita contra os incendios forestais en Galicia. Por todo isto, facemos un chamamento a todos os bombeiros forestais e a todas as bombeiras forestais do Spdcif a acudir á manifestación convocada para o mércores 22 de agosto en Vigo para, así, reivindicar os incumprimentos reiterados do goberno da Xunta de Galicia para co colectivo de traballadores e traballadoras do Spdcif que seguimos a padecer unha precarizacion intolerables.
COMUNICADO DE APOIO Ó COLECTIVO DE AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS CONTRA AS POLITICAS DO PPDEG NA XUNTA
COMUNICADO DE APOIO Ó COLECTIVO DE AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS CONTRA AS POLITICAS DO PPDEG NA XUNTA
- Información
- Galicia | 21 Agosto 2018 | 3333 Votos | Correo electrónico | Imprimir
- Detalles
- Categoría: Galicia
- Visto: 3333