Información
Galicia

O Club de Remo Cabo de Cruz gaña a XXIX edición da Bandeira de Traíñas

Información
16 Agosto 2018 1048 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Club de Remo Cabo de Cruz gaña a XXIX edición da Bandeira de Traíñas “Deputación da Coruña”Dez clubs de remo da provincia disputaron hoxe mércores, en Rianxo a tradicional Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña. O Club de Remo Cabo de Cruz Cruz foi o vencedor desta vixésima novena edición.
O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, foi o encargado de entregar os premios aos vencedores despois da proba onde destacou "a longa traxectoria da bandeira de traíñas  " que a converten "nunha das competicións con maior prestixio e arraigo do remo galego e nun espectáculo en augas de Rianxo".


Neste sentido, apuntou que a intención da Deputación é "seguir apoiando economicamente o gran labor que realizan os clubs de remo da provincia e fomentar a afección a este deporte", unha disciplina "moi esixente fisicamente", que ademais "conta cunha gran tradición en todo o litoral galego".
Os clubs participantes nesta edición foron: Club de Remo Cabo de Cruz, Club de Remo Ares, Club de Remo Puebla, Club de Remo Rianxo, Club de Regatas Perillo, Club de Remo A Cabana-Ferrol, Club Deportivo Mariñeiro de Mera, Club Mar de Mugardos, Club de Remo de Muros e Asociación Deportiva Esteirana de Remo.
Os remistas percorreron 3 millas náuticas (5.556 metros), distribuído en 4 largos de 1.390 metros con 3 ciabogas. A competición desenvolveuse en dúas quendas. Na primeira participaron o Club de Remo de Muros, o Club de Remo A Cabana-Ferrol, o Club Mar de Mugardos, o Club de Regatas de Perillo e a Asociación Deportiva Esteirana de Remo. A segunda quenda contou coa participación do Club de Remo Cabo de Cruz, Club de Remo Ares, Club Deportivo Mariñeiro de Mera, Club de Remo Rianxo e Club de Remo Puebla.
O Club de Remo Cabo de Cruz, gañador da Bandeira nesta edición, conseguiu 2.500 €. O Club de Remo Ares, segundo clasificado, 2.000 € e o Club Deportivo Mariñeiro de Mera, terceiro clasificado, 1.800 €. O resto de premios quedaron así distribuídos: cuarto 1.500 €, o quinto 1.300 €, o sexto 1.200 €, o sétimo 1.000 €, o oitavo clasificado 900 €, o noveno, 800 €, e o décimo, 700 €.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)