Información
Galicia

José Alfonso Fuente Parga ( PPdeG) pon a disposición das autocaravanas un castro considerado ben patrimonial en Barreiros

Información
07 Agosto 2018 937 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

24071220turismo20barreiros

ADEGA e Mariña Patrimonio vimos de denunciar no SEPRONA a utilización do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros (Lugo), como aparcadoiro de autocaravanas...

Este castro é un ben patrimonial incluído no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros e a súa cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección patrimonial.

As Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros outórganlle ao Castro de San Pedro unha proteccion que consideramos que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes vehiculos. Esta práctica podería estar provocando danos no xacemento.

Dado que as actividades que se están a realizar no Castro de San Pedro probablemente son contrarias á normativa urbanística e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas correspondentes licenzas e autorizacións, solicitamos que se comprobe se o uso que se está a dar  no Castro da Punta de San Pedro é conforme á legalidade  e que, no caso de non selo, se paralicen as actuacións contrarias a dereito nun ben patrimonial  incluído no catálogo de bens protexidos polo planeamento urbanístico.

Máis fotos: //www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157696707193052"

Novas relacionadas

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+