Información
Galicia

Un xuíz desestima a demanda de Laureano O.P. contra a presidenta da Asociación Érguete-Vigo

Información
24 Julio 2018 2579 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía desestima a demanda interposta por Laureano O.P. contra María del Carmen A.O., a que absolve de "todas as pretensións" do demandante. O procedemento xudicial iniciouse por mor dunhas declaracións radiofónicas realizadas pola presidenta da Asociación e Fundación Érguete-Vigo en xullo do ano pasado nas que manifestaba: "... e sabemos que tamén traficou con outro tipo de drogas..., pero bo...", en referencia ao demandante.



"Á vista da locución, non estamos directamente ante unha expresión de carácter inxurioso, denigrante ou vexatorio por si mesma", argumenta o titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 2 de Vilagarcía. Os feitos sucederon tras a saída de Laureano O.P. de prisión tras cumprir condena por delitos contra a saúde pública. O demandante defende que danou o seu dereito á honra porque foi sentenciado por traficar con haxix ou cannabis, non con outro tipo de drogas.

O xuíz considera que prevalece o dereito á liberdade de expresión da presidenta da Asociación e Fundación Érguete-Vigo sobre o dereito á honra de Laureano O.P. "O manifestado non alcanza a suficiente relevancia nin reviste da entidade necesaria para que a liberdade de expresión deba ceder en favor do dereito á honra", sinala o xuíz na sentenza, na que destaca que o demandante ten a condición de "persoa pública", o que implica "unha restrición do seu dereito á honra". Ademais, apunta que a "expresión combatida" deriva "duns feitos de gran relevancia pública".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+