Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María, por Manuel López Foxo

Información
Galicia | 18 Mayo 2016 | 6839 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

FoxoO xoves 19 de maio, ás 19:30 horas, Manuel López Foxo, especialista na obra de Manuel María, impartirá na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés a conferencia "Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María". Entrada libre

Manuel López Foxo Naceu en Ortigueira en 1960. Comezou a colaborar na prensa aos dezasete anos, cultivando preferentemente  o xornalismo cultural. As súas primeiras colaboracións foron nos anos setenta en “La Voz de Ortigueira” e nas páxinas culturais de “El Ideal Gallego” e  “A Nosa Terra”. Por esa mesma época  impulsou a creación da Asociación Cultural Ramón Cabanillas e a recuperación de figuras como Ramón Armada Teixeiro ou Federico Maciñeira.  Foi, así mesmo, cofundador e director de Edicións O Paporroibo e coordinador xeral da Universidade Popular de Ortigueira, pola que pasaron as principais personalidades da cultura galega e figuras como José Luís Sampedro. Desde 1980 foi unha das persoas que máis se ocupou da obra poética de Manuel María, comentando en xornais e revistas case todos os libros que o poeta publicou na súa última etapa creativa. Unha parte importante deses traballos foi recollida posteriormente no libro “Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995)”. Como antólogo do poeta chairego é tamén responsábel da antoloxía “Poemas escollidos”, que vén de publicar a Casa-Museo Manuel María, onde se recollen 200 poemas de 52 dos 55 libros de poesía que conforman o corpus poético de Manuel María.

http://anacionquesonhamos.blogspot.com.es/p/textos-e-documentos.html" target="_blank">Blog de Manuel López Foxo