.
Neste eido, Carmela Silva recordou que en maio tivo lugar unha reunión para abordar a situación da velutina en Galicia e, desde aquela, "estamos esperando a que a Xunta comece a traballar para paliar este gravísimo problema social e medioambiental". Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación informou que a institución provincial non ten competencias no tratamento e abordaxe da avespa velutina e que "simplemente actúa, a través do Consorcio Provincial para a prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, en casos de emerxencia e sempre cando a Xunta de Galicia, a través do 112, nolo solicita, como foi o caso do Porriño".
Carmela Silva amosou a súa preocupación pola total falta de coordinación da Xunta de Galicia, "que está a desbordar totalmente o servizo de Protección Civil" e pediu que de xeito urxente se poña a traballar para atender unha situación que esperta, cada día, maior preocupación entre a cidadanía.