Imprimir

Pontevedra insta á Xunta e a Feijoo a que asuma as súas competencias e responsabilidades ante a alarma social que está a ocasionar a velutina

Información
Galicia | 19 Julio 2018 | 2904 Votos
O Goberno da Deputación de Pontevedra, ante os últimos acontecementos que veñen sucedéndose en Galicia, esixe á Xunta de Galicia que asuma as súas competencias en materia de xestión da problemática ocasionada pola avespa velutina. A presidenta provincial, recordou que a Deputación de Pontevedra non ten competencias neste eido e os casos acontecidos en Galicia nas últimas horas están a espertar xa alarma social entre a veciñanza

.

Neste eido, Carmela Silva recordou que en maio tivo lugar unha reunión para abordar a situación da velutina en Galicia e, desde aquela, "estamos esperando a que a Xunta comece a traballar para paliar este gravísimo problema social e medioambiental". Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación informou que a institución provincial non ten competencias no tratamento e abordaxe da avespa velutina e que "simplemente actúa, a través do Consorcio Provincial para a prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, en casos de emerxencia e sempre cando a Xunta de Galicia, a través do 112, nolo solicita, como foi o caso do Porriño".

Carmela Silva amosou a súa preocupación pola total falta de coordinación da Xunta de Galicia, "que está a desbordar totalmente o servizo de Protección Civil" e pediu que de xeito urxente se poña a traballar para atender unha situación que esperta, cada día, maior preocupación entre a cidadanía.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 2904