Alba Gómez Mesías, a nadadora de 17 anos do Club Natación Arteixo, acaba de regresar de Sevilla, de participar no Campionato de España Absoluto Open.
Alba Gómez Mesías, a nadadora de 17 anos do Club Natación Arteixo, acaba de regresar de Sevilla, de participar no Campionato de España Absoluto Open.
Información
17 Julio 20184552 votos - Registrate para votar
Volta con boas marcas, dúas fináis e moi bos postos na súa categoría de Absoluta Moza, categoría na que se estreou esta tempada.
Esta nadadora é a deportista do club arteixán con máis citas a nivel nacional ás súas costas. Nesta ocasión participou nun total de cinco probas celebradas entre o mércores 11 de xullo e domingo 15. A competición celebrouse na piscina de 50 metros da vila de Mairena del Aljarafe (Sevilla), foi ó aire libre e Alba gozou da sorte dunha temperatura bastante moderada para estas alturas do verán nesta zona.
Alba estreouse o mércores co 50 braza, no que acadou o 8º posto da súa categoría, o xoves nadou 400 estilos, proba na que foi finalista, participando cunha gran mellora na sesión de tarde, 3º posto. O venres foi o turno do 100 braza, proba na que acadou o 6º posto. O 200 braza foi o sábado, entrou na final, mellorando de novo a súa marca pola tarde e finalizando no 4º posto. O último día de competición, o domingo Alba nadou a proba de 200 estilos, quedouse a tan só unha praza de ser finalista, e cunha marca moi boa acadou o 4º posto.
En resumen, un bo campionato, destacando moito na categoría absoluta moza, agora toca a cita do Campionato Galego, no que terá outra oportunidade de rematar con nota moi alta a que xa é unha gran tempada desta nadadora, tanto a nivel deportivo coma de estudios.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)