Información
Galicia

O TSXG rexeita a recusación presentada por Sito Miñanco contra dous xuíces da Audiencia Provincial de Pontevedra

Información
13 Julio 2018 2012 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou as recusacións promovidas por José Ramón P. B. e Rosa María P. P. respecto de dous maxistrados da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. O TSXG indica no auto que “non pode sosterse que os recusantes descoñecesen a composición da Sala ou que esta se negase a informar da súa propia composición ou identificación”.
Tanto as recusacións como as adhesións presentadas por outros tres acusados na causa, “non foron formuladas temporalmente”, segundo sinala o TSXG, que incide en que, tal e como establece a Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX), a recusación deberá propoñerse no prazo de dez días desde a notificación da primeira resolución pola que se coñeza a identidade do xuíz ou maxistrado a recusar. O auto destaca que os acusados coñecían a composición do Tribunal desde o 9 de novembro de 2017, cando lles foi notificada a resolución, e formularon as recusacións os días 27 e 28 de febreiro de 2018, é dicir, “máis de tres meses despois”.
 Descargar el auto judicial solo aparece la descarga a usuarios registrados
O TSXG tamén se pronuncia sobre a falta de imparcialidade que os acusados atribúen aos maxistrados por intervir nun auto ditado pola Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra o 27 de xullo de 2011. “Non cabe afirmar que na devandita resolución  se fagan valorables consideracións sobre o material probatorio da causa, entón inicial”, argumenta o TSXG, que indica que o auto se limita a resolver unha cuestión de competencia territorial, “sen apreciables valoracións en torno ao fondo do asunto nin contacto valorable algún”.
 
“Respecto da amizade/inimizade con calquera das partes, nada concreto admisible se argumenta e nada consta fóra da debida actividade xurisdicional dos maxistrados recusados, que negan rotundamente o postulado polas partes”, subliña o TSXG no auto no que desestima as recusacións e impón as costas procesuais aos seus promotores. 
:

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+