A Universidade Popular volve bater rexistros de participación no curso 2015-16 con 2.700 alumnos
A Universidade Popular volve bater rexistros de participación no curso 2015-16 con 2.700 alumnos
Información
16 Mayo 20163444 votos - Registrate para votar
A Universidade Popular de Ourense bate un ano máis o seu récord de participación, unha vez pechado o proceso de matriculación en todas as accións formativas. Neste curso 2015-16 matriculáronse 2.701 persoas, con 3.314 pre-inscritos, fronte aos 2.577 do ano anterior. Cifras nunca acadadas na historia da Universidade Popular de Ourense, como vén sucedendo ano tras ano dende a súa creación, hai 21 anos. En total, foron 114 as actividades formativas que se impartiron neste curso, algunhas delas aínda en marcha.
Todos estes alumnos recibirán o seu diploma acreditativo o vindeiro 16 de xuño no Auditorio Municipal, nun acto ao que serán convocados todos os participantes nos cursos. Así mesmo, os alumnos terán a oportunidade de avaliar os cursos recibidos, de forma que a Concellería de Educación poida ter rexistros reais sobre os niveis de satisfacción dos alumnos e, ao mesmo tempo, peneirar as ofertas presentadas para o curso que vén.
O que está a rematar foi o primeiro no que a Concellería de Educación lle abriu á cidadanía a posibilidade de presentar as súas ofertas de formación, convocatoria que foi de grande éxito: Recolléronse un total de 452 de diferentes disciplinas e modalidades. Por segundo ano consecutivo, e cara ao curso 2016-17, a Concellería vén de aprobar as bases para a selección das actividades: O prazo estará aberto do 23 de maio ao 10 de xuño de 2016.
Por salientar algúns dos cursos máis demandados polos ourensáns este ano, están os de Inglés práctico elemental, Método Pilates , Ritmos latinos e roda cubana, Ximnasia hipopresiva, Tapas, pinchos e canapés, Fotografía, Poda e enxerta e Restauración de mobles antigos. Na modalidade de formación a distancia (a través da Internet), os cursos máis demandados foron os de Monitor/a de ludotecas, Cartografía dixital e Monitor/a de estimulación cognitiva coa terceira idade.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)