Información
Galicia

Polémica semana para a mina de Touro e O Pino que remata coa oposición ao proxecto do pleno de Touro, Cambre e Narón ante un PPdeG mudo literalmente para favorecer a multinacional en contra dos galegos/as.

Información
30 Junio 2018 1315 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Contaminacion 27junioPleno en O Pino, intervención na Xunta de Accionistas de Atalaya Mining en Londres, visita do veleiro Diosa Maat de Ecologistas en Acción, ameazas da Patronal de Arzúa, desplome do prezo do cobre na bolsa londinense e as oposicións de Cambre, Narón e Touro.

Foto; Contaminación que vai directa as rías baixas de Galicia e arruinará a totalidade das xenetes que viven do mar e do marisqueo.

O pleno do Concello de Touro acollía dende as 13:30 horas desta mañá unha nova moción contraria ao proxecto megamineiro de cobre a ceo aberto. A moción, presentada por Xan Louzao (Bloque Nacionalista Galego) apoiábase no "enorme rexeitamento social manifestado e en base aos propios informes sectoriais". Os acordos que instaba a tomar son os seguintes:

1º Solicitar á Xunta de Galicia a denegación da autorización ambiental do proxecto e o rexeitamento definitivo do mesmo polo enorme rexeitamento social manifestado e en base aos propios informes sectoriais que deixan claro a imposibilidade de compatibilizar esta actividade cos usos forestais e agrarios da zona afectada, poñer de manifesto que non hai garantías de eliminar ou paliar os impactos ambientais que xeraría e non acredita na restauración efectiva dos terreos ao remate da actividade.

2º Demandar á Xunta de Galicia e á empresa propietaria un plan efectivo, contrastado con argumentación científica sólida, que remate dunha vez coa contaminación das augas en todos os regatos e ríos da contorna da anterior mina.

O pleno municipal volvía a estar ateigado de traballadores das empresas sitas nos terreos da vella explotación mineira (aos que se lle abriron as portas ás 11:00 horas, segundo puido saber esta Plataforma Veciñal) e tamén de opositores ao proxecto.

Explotaciones Gallegas continúa enganando aos seus traballadores

Pola Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON, Isabel García, centrou a súa intervención nos traballadores. Nun documento entregado por Explotaciones Gallegas aos traballadores e filtrado por esta plataforma, a empresa sinalaba que, de declararse a caducidade da concesión mineira, todos quedarían sen traballo. Nada máis lonxe da realidade: nin Francisco Gómez, nin Explotaciones Gallegas, nin Tratamientos Ecológicos del Noroeste, nin Tecnología y Reciclaje de Materiales, nin o Centro de Valorización Ambiental do Norte viven a día de hoxe de actividades ligadas á extracción do cobre. O rexeitamento do proxecto, e incluso a caducidade da concesión mineira para o cobre, non afectaría aos postos de traballo actuais, ao contrario do que se manifesta na folla distribuída.

O único afectado pola denegación do proxecto sería Francisco Gómez, e non os seus traballadores

Isabel García sinalou que "defendemos o emprego de todos, o voso e o noso. Tamén o dos veciños de Arinteiro" e destacou que "temos que convivir". Para ela, "o que está intentando esta xente que ven de fóra, porque non son veciños, é que nos enfrontemos". Esta Plataforma Veciñal xa manifestou esta semana o rotundo malestar contra Explotaciones Gallegas e Francisco Gómez por utilizar as traballadoras e traballadores cuxas actividades nada teñen que ver coa minería de cobre, na loita polo proxecto. O gran afectado pola denegación do proxecto non serían os traballadores, sería Francisco Gómez, que deixaría de recibir os 12,5 millóns de euros que Atalaya Mining chegaría a pagar por facerse coa explotación.

A moción foi rexeitada cos votos en contra do grupo popular municipal ante os berros de "Mina Non" e a indignación de veciñas e veciños. Pola súa banda, o alcalde Ignacio Codesido deu voz a unha enmenda/proposta do Grupo do Partido Popular na que apela á "legalidade máis escrupulosa":

1º Solicitar da Xunta de Galicia, que unha vez emitidos os informes sectoriais e de poñer en cuestión a viabilidade da explotación mineira por afectar as diversas áreas consideradas como esenciais, ou se poña en risco ou perigo de contaminación o medio ambiente, a calidade das augas, ou calquera outra que afecte ou comprometa a saúde dos veciños de Touro, se proceda a denegación da solicitude presentada.

2º Solicitar dos órganos competentes da Xunta de Galicia e a empresa propietaria unha planificación que poña fin a contaminación das augas nos ríos e regatos que estean afectados pola mesma.

Esta enmenda foi aprobada cos votos de maioría do grupo popular e non foi acollida con entusiasmo polos presentes. Tal e como xa publicou Adega e esta Plataforma Veciñal, os informes coñecidos da Xunta de Galicia poñen en dúbida, precisamente, a calidade das augas, a contaminación, e a saúde pública – ademais de considerar a explotación mineira "incompatible co aproveitamento gandeiro" – cousa que o rexedor e concelleiros parecen descoñecer.

Londres no punto de mira: desplome do cobre e Xunta de Accionistas de Atalaya Mining

Isto coincide nunha semana na que Londres tamén estivo no punto de mira dos opositores á mina. O prezo do cobre non para de caer na Bolsa de Metais de Londres en medio dos temores que xera a guerra comercial entre Estados Unidos e China e o superávit de oferta do metal nos mercados, segundo explica Daniel Meriño, analista de mercados XTB Latam. Neste contexto, Luis Gallardo, membro da plataforma tivo ocasión de espetar na Xunta de Accionistas da multinacional Atalaya Mining que "incluso o Instituto Geológico y Minero de España expresou dúbidas acerca das estimacións económicas" e que "a manifestación de Santiago de Compostela contou coa participación de políticos de tódolos partidos, incluso do que está no goberno". Para concluír que "o proxecto mineiro de Touro non é realista".

Cambre, Narón e Ecologistas en Acción novas forzas contra a mina

De volta a Galicia, a cara da moeda marcárona esta semana os concellos de Cambre e Narón que veñen de aprobar por maioría sendas mocións contrarias á mina e tamén os membros do veleiro Diosa Maat – de Ecologistas en Acción – que chegaron á ría de Arousa para apoiar aos colectivos que loitan contra este proxecto. Tal e como aseguraron, estes proxectos conteñen graves perigos para a sociedade, a economía, o patrimonio e o medio ambiente e sentenciaron que "entendemos que los riesgos que puedan afectar al medio ambiente son problemas globales y por tanto la solidaridad y el trabajo común son necesarios".

Polémica ante as ameazas de AECA

A cruz veu da man da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) que enviaba ata catro misivas a veciños da comarca ameazando con emprender accións legais en resposta a comentarios realizados na rede social Facebook e na que se criticaba á asociación por aceptar á empresa Cobre San Rafael. O concelleiro socialista do Pino, Óscar Vilar, foi o que denunciou esta situación. A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON condena a lamentable misiva da asociación e agarda que esta rectifique e pida desculpas do mesmo xeito que insiste, tal e como xa fixo por escrito, que AECA inadmita como socio á empresa Cobre San Rafael, en base á información publica do proxecto que pon en dúbida a súa actividade.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida..

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+