Información
Galicia

Denuncian o adestramento ná escola naval de Marín de menores escolares no uso de armas de guerra

Información
28 Junio 2018 2142 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O deputado por Pontevedra, Luís Bará esixiu ao goberno galego “abrir un expediente” e condenar a instrución en “armas de gran calibre” a nenos e nenas de centros escolares de Marín como actividade escolar na celebración o día 1 de xuño do 75 aniversario do asentamento da Escola Naval de Marín.

 

Na súa intervención, o deputado amosou diversas fotografías dos militares instruíndo a nenos e nenas  na utilización e uso de armas e rexeitou que este adestramento sexa comparable ás visitas que realizan habitualmente os escolares a institucións ou outro tipo de centros. Para o deputado, os dereitos da infancia deben ser sempre respectados así como a transmisión de valores como a  paz e convivencia  e nesta ocasión, dixo, as imaxes dos escolares aprendendo a montar e utilizar un arma “son repulsivas”. Estas imaxes reflicten que non se tratou exclusivamente dunha  visita a instalacións militares, foron “actividades de coñecemento, manexo e simulación no uso de armas de grande calibre” en centros escolares.

O acontecido, recalcou Bará, “non é propio da educación escolar” nin da participación de alumnos de 6,7 e 8 anos no uso das armas. Estou seguro, dixo,  que na programación da actividade non estaba previsto o que logo sucedeu e agardaba que o goberno galego “condenase” estes feitos porque “son repugnantes e repulsivos”.

Ademais, o deputado nacionalista pediu ao goberno galego abrir un expediente e tomar as medidas necesarias para que esta situación non se volva a repetir e  lembrou que un gran número de familias e membros do profesorado “non participaron” na actividade  nin autorizaron a visita para que os nenos e nenas foran adestrados con armas”.

Trala reposta do secretario xeral de educación, Jesús Oitavén que comparou  a actividade militar nos centros escolares coas  que se realizan habitualmente a institucións ou centros cívicos e profesionais, Bará  lamentou que a Xunta non anunciara ningún tipo de acción para denunciar ou condenar e sobre todo “evitar que se produzan feitos tan extraordinariamente graves”. Nenos e nenas instruíndose no manexo de armas en centros escolares, non en instalación militares, concluíu.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+