Información
Galicia

Asociacións nacionais da especialidade de 23 países europeos e un total de 250 profesionais comparten os últimos avances na investigación do proteoma humano.

Información
18 Junio 2018 1361 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


Especialistas en proteómica comparten en Santiago os últimos avances. Foto: Rosalía Quiroga

A Asociación Europea de Proteómica (EuPA) desenvolve en Santiago o seu décimo segundo congreso anual, un evento de relevancia internacional no ámbito da investigación sobre o proteoma con particular incidencia na investigación biomédica. O encontro reúne as asociacións nacionais da especialidade de 23 países europeos e un total de 250 profesionais que comparten os últimos avances na investigación do proteoma humano.



A proteómica estuda a caracterización e o funcionamento das proteínas presentes nunha célula, tecido ou fluído biolóxico nun momento dado. O proteoma é dinámico, unha característica que inflúe nas funcións biolóxicas e que determina o comportamento das células. As proteínas, unha vez que se sintetizan a partir dos xenes, pódense modificar en moitas circunstancias. “Poden modificarse para cumprir unha función biolóxica; por exemplo, a función que cumpren as plaquetas do sangue cando se produce unha ferida”, explica o profesor de Farmacoloxía da USC e presidente da Sociedade Española de Proteómica, Ángel García Alonso. Pero tamén sofren alteracións ante unha trombose ou infarto. Identificar como funcionan as proteínas é clave para comprender o desenvolvemento das enfermidades e atopar fármacos para combatelas.

Na actualidade, a proteómica presenta dous retos fundamentais. Por un lado, descubrir dianas terapéuticas; é dicir, “identificar que proteínas xogan un papel relevante na aparición de diferentes patoloxías”, explica o profesor Ángel García. Desta forma, coñecer o funcionamento das proteínas e a súa relación cunha patoloxía permite desenvolver fármacos para mellorar o tratamento da mesma ou curala. Por outro lado, profundar no funcionamento das proteínas, como é o caso dos biomarcadores do cancro, permite detectar cedo unha enfermidade.

O programa tamén inclúe sesións sobre a última tecnoloxía no eido da proteómica. Os avances en investigación están vinculados aos progresos nas ferramentas de traballo. “Os investigadores precisamos, por exemplo, un espectrómetro de masas que teña a resolución e sensibilidade suficiente como para identificar proteínas que están presentes nunha cantidade moi pequena e que permiten diferenciar unha situación patolóxica dun paciente respecto a unha situación dun individuo sano”, indica Ángel García.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+