O Colexio de Xornalistas volve criticar que o Concello de Arzúa contrate un auxiliar de radio sen esixir a titulación oficial

Información
08 Junio 2018 2893 votos - Registrate para votar

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas rexeita, unha vez máis, a convocatoria por parte do Concello de Arzúa dunha oposición libre para a contratación laboral temporal dun auxiliar da radio municipal en cuxas bases só se esixe como requisito estar en posesión do graduado no Ensino Secundario Obrigatorio.

 

O pasado luns 4 de xuño de 2018 o Boletín Oficial da Provincia da Coruña e o Diario Oficial de Galicia publicaban unha convocatoria para a contratación laboral dun auxiliar da radio municipal de Arzúa, no que se  especifica claramente que as funcións do posto serán as de control técnico durante a emisión da programación, colaboración na preparación da programación e colaboración na presentación dalgúns dos programas que se emitan. Todas elas son funcións propias do traballo dun profesional da comunicación, que deberan ser desenvolvidas por persoas tituladas en Ciencias da Comunicación ou en posesión da colexiación profesional.

O Concello de Arzúa xa realizara unha convocatoria similar para o mesmo posto no ano 2017, feito polo que o Colexio de Xornalistas expresara o seu descontento http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/o-colexio-de-xornalistas-critica-que-o-concello-de-arzua-non-esixa-a-titulacion-oficial-para-a-contratacion-dun-auxiliar-da-radio/">nun comunicado e nunha misiva dirixida ao alcalde, José Luís García López. Lonxe de enmendar, o Concello teima un ano máis en desprezar na súa contratación os estudos oficiais de xornalismo, polo que o Colexio de Xornalistas vén de comunicar por carta de novo ao consistorio o seu malestar e, ao tempo, esixirlle que os e as aspirantes estean en posesión da titulación en Ciencias da Comunicación, ou o seu defecto, sexan colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Non é asumíbel que unha administración pública ignore a titulación oficial que proporciona formación especializada no ámbito da comunicación ou que ignore á entidade que ten a representación legal de todos e todas as xornalistas galegos. Esta situación de menosprezo á profesión é especialmente grave pola reincidencia, ante a que o goberno municipal non pode alegar descoñecemento nin erro. Por todo isto, o Colexio de Xornalistas esixe ao Concello de Arzúa que rectifique e publique con carácter de urxencia unha nova convocatoria que esixa os estudos pertinentes.

Xunta de Goberno

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago