“Hai tres días retiramos a Mariano Rajoy do Goberno e agora traballaremos arreo para retirar a Feijóo da Xunta”, avanza o secretario xeral
“Hai tres días retiramos a Mariano Rajoy do Goberno e agora traballaremos arreo para retirar a Feijóo da Xunta”, avanza o secretario xeral
Información
05 Junio 20182893 votos - Registrate para votar
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este luns que “o novo ciclo político” que se abre en España coa chegada de Pedro Sánchez ao goberno de España supón tamén “unha oportunidade” para o cambio en Galicia. Así o trasladou aos xornalistas trala reunión da Comisión Executiva Nacional Galega, na que os socialistas expresaron a súa “satisfacción” e o “sentido da responsabilidade” con que toca afrontar esta nova etapa.
Como perfilou Gonzalo Caballero, o novo goberno de Pedro Sánchez garantirá “exemplaridade e dignidade política” fronte á “corrupción” do PP; situará como prioridade a axenda social fronte aos “recortes” e ás “políticas neoliberais” da dereita; e tenderá “pontes de diálogo” dentro do respecto ao marco constitucional.
Será, por tanto, segundo as palabras do líder dos socialistas galegos, “un goberno de progreso, socialista e cun novo estilo”. E, tendo en conta que “a España sempre lle foi ben co PSOE”, agora “iralle ben” con Pedro Sánchez.
Nese escenario, Gonzalo Caballero trasladou “todo o apoio” dos socialistas galegos ao novo presidente do goberno, que “ten mudado a historia da política democrática española en pouco tempo”. “E ten ilusionado a millóns de cidadáns que volven a ver a política con esperanza”, valorou.
RETIRAR A FEIJÓO
Con esa mesma óptica, Gonzalo Caballero afirmou que igual que “hai tres días retiramos a Mariano Rajoy do Goberno”, os socialistas “agora traballaremos arreo para retirar a Feijóo da Xunta”. “Este plantexamento é o que nos move e o que nos motiva”, concluíu.
A maiores, o secretario xeral do PSdeG quixo saudar a elección de Josep Borrell, “compañeiro e amigo”, como novo ministro de Exteriores.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)