Abel Caballero felicitou á organización, aos empresarios e traballadores do sector pola celebración de Navalia este 2018

Información
Galicia | 23 Mayo 2018 | 2534 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Na inauguración, Abel Caballero felicitou á organización, aos empresarios e traballadores do sector pola celebración de Navalia este 2018 e tamén nos peores anos da crise, que o naval padeceu "dunha forma tremenda, durísima". O rexedor puxo en valor a elevada presenza internacional na Feira viguesa.

Durante os peores anos da crise económica, manter a celebración en Vigo da Feira Internacional da Industria Naval (Navalia) amosaba a confianza no sector ao tempo que o preparaba para a saída da crise. Por iso, Abel Caballero indicou que "estamos extraordinariamente orgullosos" do mantemento ininterrompido de Navalia, que este ano acada a súa sétima edición, polo que felicitou tanto aos organizadores como aos empresarios e traballadores do naval.....(+)