A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago celebrou a festividade de San Vicente Ferrer, patrón dos seus estudos, cun evento no que se desvelaron os gañadores de distintos premios académicos, artísticos e honoríficos.
A xornada comezou coas palabras da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas, e do vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e pechouse cun relatorio da profesora María del Carmen Guisán Seijas sobre ‘Retos da economía europea e perspectivas de emprego en Galicia’.
Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) recibiu o premio Premio Fulget 2017, que recoñece a empresas ou colectivos empresariais galegos que destacan polo seu traballo a prol das mellores relacións entre a actividade económica e a súa contorna profesional. Recolleu o premio o director comercial de CLUN, Ramón Mandiá.
No evento entregáronse os premios do certame de pintura CreArte na Universidade 2018. Sara Piñeiro Fernández acadou o 1º premio CreArte na Universidade 2018 coa obra titulada “Holocausto”; e Víctor Rodríguez Espiñeira obtivo un accésit coa obra “Estación”.
Tamén houbo un recoñecemento aos estudantes que fixeron posible a acción “Árbore Solidaria de Nadal”, unha iniciativa da Facultade a favor da asociación Centinelas. A Ana María Robles González, presidenta de Centinelas, se lle fixo entrega do importe recadado.
Asemade, desveláronse os gañadores dos premios académicos extraordinarios de Grao, Master e Doutoramento; o premio á calidade lingüística; e máis o premio Mª Carmen Guisán Seijas á Introdución da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao.
- Premios ACADÉMICOS. Premios extraordinarios:
- De Grao 2016-2017
- en Economía: Fernando Riveiro Formoso e Alba Sóñora Noya.
- en ADE: Adrián Vázquez Parcero e Elena Pablos Buitrón.
- De Grao 2016-2017
- De Máster 2016-2017:
- en Desenvolvemento Económico e Innovación: Hugo Campos Romero.
- en Dirección de Empresas: Gemma Cores Alfonso.
- en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas: Kathryn Louise Salisbury.
- en Dirección e Xestión Contable e Financeira: Maite Carballal Claro.
- De Doutoramento 2014-2015:
- María Alló Pazos: Social norms, economic incentives and environmental policies, dirixida pola profesora María Luz Loureiro García.
- Jesús Barreal Penas: Wildfires in Galicia: causality, forest policy and risk in forest management, dirixida pola profesora María Luz Loureiro García.
- Rubén Lado Sestayo: Impacto económico-financiero de la localización en el sector hotelero español, dirixida pola profesora Isabel Neira Gómez e polo profesor Luis Alberto Otero González.
Premios á Calidade Lingüística dos TF, PFC e TFM da USC do curso 2016-2017.
- Área de CC. Sociais e Xurídicas: Fernando Riveiro Formoso, polo TFG titulado A importancia da intermediación financeira para o crecemento económico. Teoría e evidencia empírica internacional.
Premio María-Carmen Guisán Seijas á Introdución da Perspectiva de Xénero nos TFG da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
- Tania Fernández Navia, polo TFG titulado Factores determinantes del empleo femenino en España: un modelo econométrico regional.