Información
Galicia

Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta polo PPdeG, "renuncia a calquer arreglo" para poñer fin a folga na xustiza galega que chega á súa 49 xornada de loita "con dignidade e resistencia"

Información
30 Marzo 2018 880 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Según los responsables del PPdeG en la Xunta hay dinero para chiringuitos políticos en Argentina pero no hay para los funcionarios públicos de Xustiza.

Dende o pasado 7 de febreiro, o persoal de Xustiza de Galiza está en folga indefinida para recuperar os dereitos roubados, esixir melloras laborais e reverter o recorte de emprego aplicado pola Xunta neste servizo público. Esta loita, exemplo de dignidade, suma este martes a súa 49 xornada e as traballadoras e traballadores están dispostos a seguir pelexando até lograr acordos satisfactorios nos cinco puntos da plataforma reivindicativa.

 

Neste xornada de folga houbo asembleas de persoas en todas as cidades para explicar o contido da xuntanza que tivo lugar onte entre o comité de folga e a Xunta "na que nada se avanzou". Explica Óscar Freixedo, representante da CIG-Xustiza na mesa de negociacións, que a Xunta pediu a parte social que trasladaran unha proposta, "algo que chama a atención cando na prensa están dicindo que a oferta que hai é a que está enriba da mesa e que non teñen intención de mudala".

A este respecto, lembra que Administración galega sabe que a súa última oferta "non é aceptada polo persoal", polo que lamentou que o Goberno galego non decidira asistir á reunión con verdadeira vontade negociadora. De feito, dende o comité trasladouse unha nova proposta que a Xunta nin tomou en consideración.

Deste xeito, no apartado económico, propúxose unha suba do Complemento Autonómico Transitorio (CAT) de 180€ lineais a abonar en dous anos e no que o pago do 70% se faría efectivo neste 2018 e o 30% restante durante o ano próximo. Ademais, pediuse unha cláusula de revisión que garanta que as retribucións do persoal de xustiza de Galiza estarán na mesma posición con respecto ao resto de comunidades. Así mesmo, propúxose a Xunta un plan de actuación para a recuperación do traballo perdido. "Porén, a Xunta dixo que non pode asumir nada disto e levantou da mesa", sinala Freixedo.

No resto dos puntos, indica, a Xunta presentouse con idéntica documentación que en reunións anteriores, polo que tampouco houbo avances sobre substitucións, ITs, amortizacións e reforzo de prazas.

Novo calendario de mobilizacións

Así as cousas, e a pesar dos ataques constantes do Goberno galego a través dos medios de comunicación para descualificar a súa loita, da estratexia de desgaste e do enorme esforzo que supón soster unha folga durante case 50 días, as traballadoras e traballadores non están dispostos a abandonar as súas demandas e xa están preparando un novo calendario de mobilizacións a desenvolver logo do parón dos festivos desta semana.

Entre outras medidas, estase barallando convocar unha manifestación nacional en Compostela para demostrar a "nosa forza e capacidade de resistencia".

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)