As Reformas do ano 2.011 e 2.013 do Partido Popular endureceron as condicións das cuantías das pensións a extremos de MISERIA HUMANA apoyada polos que votaron a súa permanencia no goberno de España

Información
Galicia | 18 Marzo 2018 | 2605 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Onte 17 de Marzo, en máis de 145 cidades e poblacións importantes de España, e en mais de 20 cidades galegas, logramos movilizar a máis de un millón de persoas en Defensa dun Sistema Público de Pensións no que se garanticen unhas cuantías suficientes das mesmas, como dí o artígo 50 da Constitución Española e a derogación das Reformas do ano 2.011 e 2.013 que endureceron as condicións de acceso e baixaron extraordinariamente as cuantías das mesmas, ademáis de exixir o Goberno do Partido Popular un aumento anual acorde co IPC e a garantía de estabilizar as mesmas a través dos Orzamentos Xerais do Estado. Ademáis de demostrar que somos os interlocutores válidos no Pacto de Toledo.

 

Agradecemos moito a toda a poboación movilizada, pensionistas, xóvenes, mulleres, familias enteiras e diversos movementos sociais como o Feminista, Marchas pola Dignidade, Non a precariedade, etc. que se sumaron a este clamor popular para a creación dunha sociedade máis igualitaria.

Dende o Movemento Galego e da Coordinadora Estatal sentímonos profundamente orgullosxs de haber logrado sintonizar claramente con este amplo colectivo social de pensionistas.

Temos que aclarar que a Coordinadora Estatal é un movemento social apartidista, asambleario, aberto, transversal e inclusivo no que teñen collida todo tipo de persoas co único obxetivo da DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS.

O conxunto da Coordinadora Estatal ( con todos as súas organización), en consecuencia, é un movemento que non ten subvencións algunha nen aporte económico de ningún tipo máis que o voluntario e xeneroso dos seus propios membros que co seu traballo sostido o longo de varios anos , culminou neste día que consideramos un gran éxito, non da mesma, senón de toda a sociedade, especialmente da ciudadanía pensionada, loitando polos seus dereitos. Ese é o único mérito que nos atribuimos: sacar a rúa a realidade que estaba oculta nas casas anónimamente.

Anunciamos que, independentemente de que se produciran algunha medida maquilladora deste Goberno, vamos a continuar as movilizacións no próximo mes de Abril, porque a nosa Táboa Reivindicativa é ampla e porque leva a unha mellora global para os actuais y futuro pensionistas.

Recoñecémonos en este colectivo e ao fronte do mesmo nos situamos ante a inactividade dos axentes políticos e sociais que durante anos miraron cara a outra parte ou directamente lexislaron en contra. Especialmente en estos últimos meses vetando proposicións na Mesa do Congreso de iniciativas parlamentarias que nos favorecían.

Debe quedar claro que a nosa movilización é diferente das convocadas por organizacións sindicais, esencialmente, porque plantexamos a inutilidade actual do Pacto de Toledo do ano 1.995 que nos levou a pérda de dereitos a xóvenes traballadores e pensionistas. Por todo o acontecido e as movilizacións que nos respaldan aspiramos, lexítimamente, a ser un actor social escoitado na Comisión Permanente de Seguimento e Evaluación dos Pactos de Toledo.

Nacemos dende abaixo, dende o pobo e, co pobo libre e organizado, estamos aquí para revertir esa situación. E ahí, nas rúas, co pobo, continuaremos.

Coordinadora Estatal pola Defensa del Sistema Público de Pensiones e o

Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN).