Participantes no Servizo Voluntario Europeo visitan o Parlamento de Galicia coincidindo co Día de Europa

Información
09 Mayo 2016 3040 votos - Registrate para votar
  • Visita Voluntariado Europeo 09 05 16 2Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa Erasmus+: Xuventude en Acción, da Comisión Europea

Santiago, 9 de maio de 2016.- Un grupo de 10 participantes no Servizo Voluntario Europeo de 9 nacionalidades diferentes e que están a desenvolver a súa actividade en Galicia, foron recibidos este mediodía polo presidente da Cámara lexislativa Autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, coincidindo coa celebración do Día de Europa.

O Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción da Unión Europea, dentro da liña estratéxica de mobilidade dos mozos e mozas. Ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

Entre 17 e 30 anos

Esta iniciativa europea ofrece á xuventude, con idades comprendidas entre os 17 e os 30 anos, a oportunidade de contribuír ao traballo diario das organizacións que traballan no ámbito xuvenil , o desenvolvemento persoal e socioeducativo, a implicación civil, asistencia social, a inclusión dos desfavorecidos, o medio ambiente e os programas de educación non formal, entre outros.

Poden participar nos proxectos de Servizo Voluntario Europeo entidades sen ánimo de lucro; os organismos públicos de ámbito local, rexional e nacional; e as empresas con responsabilidade social cooperativa.

Na actualidade, en Galicia teñen a acreditación para participar en proxectos de Servizo Voluntario Europeo 16 concellos e 47 entidades sen ánimo de lucro.

Os mozos e mozas participan nesta liña de acción normalmente de maneira individual. Sen embargo, o programa recolle a posibilidade da realización dun Servizo Voluntario Europeo de grupo no que estean implicados polo menos dez voluntarios; e tamén a participación de voluntarios en eventos a gran escala europea con mínimo de 30 voluntarios.

O período de duración do Servizo Voluntario Europeo pode ser entre 2 e 12 meses. Non obstante, o programa prevé unha duración entre 2 semanas e 12 meses no caso de mozos e mozas con menos oportunidades (dificultades xeográficas, educativas, sociais, familiares,..) e con necesidades especiais, é dicir, con algún grao de discapacidade.

Máis de 100.000 participantes

Creado no 1996 pola Comisión Europea como programa piloto, o Servizo Voluntario Europeo permitiu a máis de 100.000 mozos e mozas realizar o seu proxecto de voluntariado, tanto en Europa como fora dela.

A organización e acollida dos voluntarios europeos que hoxe visitaron o Parlamento corre a cargo do Concello de Boqueixón, a Escola de Tempo Libre Don Bosco e COGAMI. Da intermediación para a organización desta actividades encárgase a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Antes de ser recibidos polo presidente do Parlamento, os participantes nesta iniciativa efectuaron unha visita guiada á sede do Lexislativo galego.

A delegación de voluntarios europeos estivo acompañada pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; e a subdirectora xeral de Programas para a Xuventude, Yolanda Otero.

No ano 2015 foron aprobados en Galicia un total de 19 proxectos de Servizo Voluntario Europeo, que sumen un orzamento superior aos 350.000 euros e 66 mozos e mozas participantes. Ese mesmo ano, no marco do programa Erasmus+: Xuventude en Acción foron incluídos 38 proxectos nos que participaron 1.263 mozos e mozas, cun orzamento total de 923.331 euros.

Na primeira quenda do 2016, aprobáronse no marco de Erasmus +: Xuventude en Acción 16 proxectos cun orzamento que ascende aos 228.891 euros. Destes, 9 proxectos, cun orzamento total de 101.505,15 €, corresponden ao Servizo Voluntario Europeo e están pendentes de execución na actualidade.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago