Luís Bará pide a Rueda que deixe o papel de pirómano

Información
Galicia 09 Marzo 2018 2410 votos Regístrese para votar

O portavoz parlamentario de Xustiza, Luís Bará, acusou ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de actuar como “bombeiro pirómano” ante as reivindicacións dos e das traballadoras do sector da Xustiza, en folga desde fai un mes “fart@s de que lles meteran a man no peto, de que @s ameazaran e humillarán desde a súa chulería e prepotencia”.

“Quen sementa ventos recolle tempestades e estamos a vivir unha tempestade social é un ciclón de indignación contra o PP e contra as políticas aplicadas coa escusa da crise, que aproveitaron para facer un axuste de contes de dereitos laborais e democráticos”, recriminou Bará na súa intervención na comparecencia parlamentaria de Rueda, a quen advertiu que non se trata só dunha reivindicación salarial senón contra a discriminación e os recortes e en defensa dunha Xustiza áxil e moderna.

Neste sentido, denunciou as falsidades e mentiras do conselleiro, empezando “por relatar unha cronoloxía falsa, porque o conflito non empezou fai un mes coa folga, senón en 2012 cos recortes nos salarios dos das funcionarios, -que perderon entre 10.000 e 12.000€ nestes anos-, e vostede coa porta pechada non os recibiu nin unha soa vez”, recriminou Bará, “pero acabóuselles a paciencia, fartos de que os humillase e os ignorase, dixeron basta, son un exemplo”.

Bará instou a Rueda a deixar de lado ás ameazas e a chantaxe para traballar nunha solución que, explicou, debe empezar a articularse baixo dous principios: Buscar a mediación externa do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) e, en segundo lugar, o cumprimento dos acordos parlamentarios nos que se esixía unha solución que acabase coas discriminacións salariais e laborais dos e das traballadoras do sector e se recuperase o emprego recortado na Administración de Xustiza.

O deputado salientou que á folga xa se sumaron novos colectivos como @s médicos forenses. “Ten moito mérito facer unha folga porque non sae gratis, e vostede escolleu a estratexia da confrontación e manipulación, demonizando aos traballadores e traballadoras, tentando enfrontalos coa sociedade e, por riba, pretenden chantaxéalos coa folga esquecendo que é un dereito”,

Imos entrar en fariña

“Atemorizar, usar o código penal para perseguir ao discrepante, esa é a súa marca, pero a xente está dicindo basta, e de nada serve vir aquí a facerlle a oposición aos sindicatos botando máis leña ao lume, facer de bombeiro pirómano, veu provocar, como leva facendo todo este tempo”, denunciou un Bará moi crítico, “cun PP corroído pola corrupción”.

O parlamentario salientou que a da Xustiza non é a única protesta que está na rúa, por contra, a “onda de indignación” inclúa ás persoas pensionistas, á cidadanía en defensa da sanidade pública ou ás mulleres convocadas a folga do 8M. “Acabou a tregua social, e hai unha onda de indignación e rebeldía, hai un pobo vivo e con dignidade removendo a terra debaixo dos pés dun PP que segue na maioría absolutista e así non van parar este vendaval reivindicativo, de xustiza e dignidade, que os vai levar por diante”, advertiu.

Bará empezou a súa replica a Rueda remedando co contido da entrevista que o presidenta da Xunta concedeu ao programa Salvados: “Pregúntolle se sente contrabandista ou se lle parece que Galiza é un país de contrabandistas ou se foi algunha vez de vacacións con narcotraficantes, xa que din que se parecen aos galegos e as galegas. Imos entrar en Fariña”, ironizou, como punto de arranque da súa interpelación ao vicepresidente.

El Vicepresidente de la Xunta de Galicia. el Sr Alfonso Rueda aparece ...

accionytransparenciapublica.com › Transparencia › Transparencia Autonomía
Paloma Rueda Crespo, directora del centro CETMAR dependiente de la Consellería de Medio Rural e do Mar, parece ser la pareja-sentimental del Director de Alfer Formación, lo que nos puede poner en la pista y la sospecha del canal de preferencias institucionales a la hora de conceder las subvenciones para cursos ...

Alfer Formación, relacionada con Alfonso Rueda y ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es › Especiales + › Corrupción
9 ene. 2016 - Alfer Formación, relacionada con Alfonso Rueda y Rosa Quintana PPdeG, ventila dinero público para formación sin instalaciones según denuncian perjudicados. Categoría: Corrupción: Visto: 864 ...

Xornal Galicia - Piden la DIMISIÖN de Alfonso Rueda como ...

xornalgalicia.com/4278-piden-la-dimisioen-de-alfonso-rueda-como-responsable-del-f...
Denuncian un fallo informático del sistema judicial gallego que permite ver y modificar los procesos penales y acceder a investigaciones y da tos personales. Alfer Formación, relacionada con Alfonso Rueda y Rosa Quintana PPdeG, ventila dinero público para formación sin instalaciones según denuncian perjudicados-.

Xornal Galicia - A moción de censura do PP en Tui é un asalto á ...

xornalgalicia.com › Galicia Traducir esta página
4 oct. 2017 - A moción de censura do PP en Tui é un asalto á democracia orquestado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, exprofesor de Alfer, cursos subvencionados sin aulas de formación. Detalles: Escrito por XornalGalicia: Categoría: Galicia: Publicado: 04 Octubre 2017: Creado: 04 Octubre 2017: Última ...

Alfer Formación, relacionada con Alfonso Rueda y Rosa Quintana ...

lavozperiodistica.blogspot.com/2016/02/alfer-formacion-relacionada-con-alfonso.html
Alfer Formación, relacionada con Alfonso Rueda y Rosa Quintana PPdeG, ventila dinero público para formación sin instalaciones según denuncian perjudicados. El DOG Número 70 Jueves, 10 de Abril de 2014 Pág.16323, por Resolución de 24 de Marzo de 2014, la Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural, Sr Magariños ...

Pladesemapesga denuncia que Funcionarios públicos de la Marina ...

diariomaritimo.com › Especiales › Formación
6 oct. 2016 - 2016 - El Vicepresidente de la Xunta de Galicia. el Sr Alfonso Rueda aparece vinculado a Alfer Formación, S.L como profesor antes de acceder a la ... [PDF]curso de arqueología - Universidad de Oviedo. www.uniovi.es/documents/31582/...pdf/b8d7d461-e08e-4a6c-ace4-2882aba3f2b2. En caché.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600