O que non dí a prensa corrompida e usada de panfleto do seu comunicado, nen o "chiringuito orquestado por Rosa Quintana para disolver miles de euros públicos, e onde van e cales son os resultados dos últimos anos que a fiscalía se nega a investigar, por que as contas non cuadran, os ingresos e os gasto, se disolvel ou escamotean miles sen ningunha explicación. Rosa Quintana e a pol´ticia española que mais fundacións e entes financiados/as con fondos públicos da Unión Europea. El negocio montado por Rosa Quintana Carballo Conselleira do Mar, en el que otorga cientos de miles de euros de fondos públicos de la Xunta, Europeos al Intecmar que "curiosamente" tambien preside ella misma, por lo que, "se auto adjudica fondos que escapan al control público y del Consello de Contas", a la contra la Fiscalía no quiere saber ni conocer, despreciando las denuncias.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta semana co director do Instituto Español de Oceanografía, Eduardo Balguerías
A CONSELLERÍA DO MAR E O INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA IMPULSAN A SÚA COLABORACIÓN NO EIDO DA INVESTIGACIÓN
-
Rosa Quintana e Eduardo Balguerías puxeron de relevo a importancia da relación entre ambas institucións, baseada na transferencia de coñecemento e no traballo conxunto na defensa do mar de Galicia e dos seus profesionais
Santiago, 20 de xaneiro de 2018.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o director do Instituto Español de Oceanografía (IEO), Eduardo Balguerías, mantiveron esta semana unha xuntanza na que intercambiaron diferentes aspectos sobre o traballo da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB), da Consellería do Mar e o do IEO.
Durante a reunión, Rosa Quintana e Eduardo Balguerías puxeron de relevo a importancia da relación entre ambas institucións, baseada na transferencia de coñecemento e en traballar xuntos e coordinados na defensa do mar de Galicia e dos seus profesionais.
Neste sentido, tamén valoraron a importancia de dotarse de argumentos, a través da investigación e do labor dos científicos, para levar adiante propostas de Galicia e para promover que se teñan en conta os aspectos biolóxicos e socioeconómicos nas decisións que as distintas institucións españolas e europeas adopten sobre o eido do mar
Nesta liña, a conselleira do Mar deu conta ao director do IEO do traballo que realiza a UTPB, dedicada a estudar A actividade da frota de baixura e a analizar o uso das artes, a explotación dos recursos e a organización do traballo, un labor que axuda á Xunta na adopción de decisións sobre a pesca en Galicia.
Esta unidade naceu no 1999 e desde entón informa e asesora á administración pesqueira sobre a evolución dos recursos pesqueiros co fin de coñecer mellor as pesqueiras de interese para a frota de artes menores e contribuír á mellora da lexislación pesqueira e da xestión dos recursos.
A Consellería do Mar e o IEO manteñen unha estreita colaboración na investigación do eido mariño, por exemplo en materia de control do fitoplancto tóxico nas rías galegas que dá lugar ao fenómeno que popularmente se coñece como marea vermella.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR