Información
Galicia

Persoal da CRTVG pide a dimisión do director xeral e responsábel de Informativos por cobertura lumes

Información
16 Octubre 2017 2772 votos

Traballadoras e traballadores dos medios públicos galegos, Radio e Televisión de Galiza, concentráronse esta mañá diante do despacho de Sánchez Izquierdo para denunciar a  cobertura informativa dos lumes que asolaron o país este domingo e demandar a súa dimisión.

O Comité Interempresas da CRTVG vén de emitir un comunicado que condena a cobertura informativa que os medios públicos de Galiza realizaron onte domingo 15 de outubro dos lumes que asolagaron o país. A representación do persoal esixe a dimisión do director xeral da Corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, como máximo responsable da nefasta xestión da cobertura informativa, así como o cese inmediato da responsable dos Informativos, Concepción Pombo Romero, que non se presentou na redacción ata preto das once da noite.

 

Nefasta cobertura informativa

O Comité critica o que considera unha reacción tardía e motivada polas críticas contra a TVG e a RG que comezaron a medrar a primeiras horas da tarde nas redes sociais, cando agromou na sociedade galega a indignación sobre a falta de información desde os medios públicos.

Os sindicatos consideran vergoñenta a cobertura duns dez minutos que se deu da situación no telexornal mediodía, seguida dun miserento avance informativo de apenas sete minutos por volta das oito da tarde, cando os incendios levaban máis dun día causando estragos.

No telexornal da noite volveuse repetir o pobre esquema do informativo do mediodía; non chegando o verdadeiro especial ata as once da noite, cando xa era tarde para prestarlle a un país asfixiado os datos necesarios para reaccionar ante unha traxedia que mesmo se cobrou a vida de tres persoas. En opinión do comité é a tradicional política de ocultamento dos lumes por parte da dirección de informativos a que impediu tamén nesta ocasión relatar a realidade conforme a criterios profesionais, e non, coma en anteriores ocasións, estritamente partidistas.

 

A CIG sinala o desmantelamento

A isto a sección sindical da CIG acrecenta que co apagón informativo de onte da radio e a televisión públicas da Galiza, ante a dramática vaga de lumes que asolaba e asola aínda a Galiza, “non estamos a asistir tan só a unha manipulación máis e o secuestro informativo aos que nos teñen acostumados os responsábeis dos medios públicos galegos. Asistimos tamén e sobre todo á constatación pública e notoria do desmantelamento do servizo público esencial de radiotelevisión da Galiza, sometido a  constantes cortes orzamentarios e externalizacións  que impiden hoxe dar unha resposta operativa conforme á gravidade e transcendencia do momento”.

Xunto a isto a CIG fala tamén da “ineptitude dos nosos mandos orgánicos, co Director Xeral á cabeza, que debería presentar a dimisión inmediata”. A sección sindical chamou tamén á mobilización “das e dos profesionais dos medios públicos galegos, que partillamos a indignación do conxunto do pobo galego, chamamos á mobilización dos traballadores e traballadoras da radio e a televisión da Galiza, ante tanta incompetencia e desleixo do noso cadro directivo”.


O persoal ofreceuse voluntario para dar cobertura

O Comité Interempresas da CRTVG critica que, mentres o persoal que non estaba en quenda chamaba á cadea para ofrecerse para traballar voluntariamente, as mochilas que permiten gravar e emitir en tempo real estaban ocupadas (algunhas desde o mediodía) con retransmisións deportivas de escasísimo interese nun día negro coma o que viviu Galicia onte.

Denuncia o comité ademais o desmantelamento das delegacións territoriais da CRTVG, que onte, cun persoal en cadro, non deron abasto, non activándose en ningún momento unha convocatoria especial de máis traballadores e traballadoras, cousa que si se fixo, en cambio, o pasado 1 de outubro, coa cobertura do referendo catalán

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago