O Goberno de Feijóo (PPdeG) deixa Carballo só conta con dous pediatras a xornada completa e unha media xornada para atender a máis de 4.000 nenas e nenos de toda a Comarca de Bergantiños.
O Goberno de Feijóo (PPdeG) deixa Carballo só conta con dous pediatras a xornada completa e unha media xornada para atender a máis de 4.000 nenas e nenos de toda a Comarca de Bergantiños.
Información
03 Octubre 20172581 votos - Registrate para votar
O Centro de Saúde de Carballo atende unha poboación de 4.072 nenas e nenos en idade de 0 a 14 anos (idade pediátrica). Para atender esta poboación infantil hai creadas catro prazas de pediatría a xornada completa e unha a media xornada (compartida co Centro de Saúde de Malpica). Unha das prazas está a día de hoxe vacante e sen cobertura, polo que a súa axenda leva bloqueada desde o mes de xuño. Ademais, esta praza xa estivo durante moitos meses sen cobertura por baixas prolongadas, até finalmente quedar vacante.
Para a CIG-Saúde esta situación é absolutamente inadmisíbel, polo que demanda da Xerencia da área sanitaria da Coruña que dote o centro de saúde Carballo do persoal necesario para garantir unha atención pediátrica de calidade.
Á falta de cobertura deste cupo de pediatría (que leva anos así) engádese agora a ausencia doutra pediatra que non é tampouco substituída, pretendendo a Xerencia que os dous profesionais que quedan a xornada completa, xunto con outra pediatra que atende a partir das 12:00 horas, atendan a todos os/as pacientes (lembremos que se trata dunha poboación infantil de 4.072 nenas e nenos). Isto xa pasou durante o verán, argumentando entón a administración que non dispoñía de profesionais para substituír, e volve repetirse agora no mes de outubro. Será agora tamén por falta de profesionais ou será máis ben por unha cuestión puramente económica?
Desde CIG-Saúde demandamos que cando menos se substitúa unha destas dúas ausencias de pediatría de xeito inmediato, e con respecto á praza vacante que se inicie o proceso para a súa cobertura seguindo os procedementos establecidos.
Non é de recibo este trato coa poboación infantil de Carballo!
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
O Goberno de Feijóo (PPdeG) deixa Carballo só conta con dous pediatras a xornada completa e unha media xornada para atender a máis de 4.000 nenas e nenos de toda a Comarca de Bergantiños.
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)