Denuncian ao Goberno de Feióo de atrasar intencionadamente o pagamento das axudas de normalización lingüística aos centros
Denuncian ao Goberno de Feióo de atrasar intencionadamente o pagamento das axudas de normalización lingüística aos centros
Información
28 Septiembre 20172547 votos - Registrate para votar
A Xunta segue demostrando o seu desleixo coa lingua galega ao non aboarlles aos Equipos de Normalización Lingüística “as xa de por si raquíticas axudas” que lles corresponden do curso pasado.
A Consellería de Educación segue desprezando o noso idioma ao adiar cada ano máis o pagamento da cantidade que reciben os Equipos de Normalización, arredor de 300 euros, para realizar actividades que promovan o uso do galego entre a comunidade educativa. Cando xa levamos case un mes desde o inicio do curso escolar aínda non se aboaron as axudas que lles foron concedidas no pasado curso, superando incluso a data na que se fixo o aboamento noutras ocasións.
Desde o sindicato nacionalista lembrámoslle á administración galega que ten que cumprir o Plan de Normalización Lingüística e poñer todos os recursos ao alcance da comunidade educativa para promocionar o galego entre o alumnado. Neste sentido, as cantidades que se destinan son “totalmente irrisorias” e apenas cobren gastos anecdóticos “como o transporte en autobús para acudir a unha actividade normalizadora”. “Malia que o Partido Popular alardea de que se está a producir unha recuperación económica, mantén o recorte nun 60% no orzamento destas axudas e non se digna a dotalas cunha cantidade que realmente permita programar actividades con algo de entidade”.
Así mesmo, para facilitar a planificación dos gastos que se van acometer, os Equipos de Normalización precisan que a convocatoria se publique a comezos de curso e que a resolución se faga, a máis tardar, no inicio do segundo trimestre. Desde a CIG-Ensino estase a reclamar ano tras ano que se mellore a xestión deste tema sen que a Consellería até o momento fixera nada por darlle unha solución.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)