OS SOCIALISTAS ESIXEN “RESPONSABILIDAES POLÍTICAS” DA XUNTA POLA “XESTIÓN NEFASTA E IRRESPONSABLE” DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS ÁS ILLAS CÍES

Información
Galicia | 23 Agosto 2017 | 3038 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que esixe “responsabilidades políticas de quen corresponda” na Xunta pola “xestión absolutamente nefasta e irresponsable” do transporte de viaxeiros ás Illas Cíes. Esta situación rematou con centos de viaxeiros atrapados nos barcos aos que non se lles permitía atracar.

 

 

 

 

Losada critica a actuación do goberno galego tanto pola falla de control na venda de billetes como á súa decisión de impedir atracar aos barcos no peirao das Illas, que foi “a peor das decisións” polo “grave problema de seguridade” que ocasionou a milleiros de viaxeiros. Lembra que a Xunta é responsable da xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, da autorización ás navieiras e do cumprimento do límite de visitantes.

 

 

 

Considera “imprescindible unha explicación dos máximos responsables políticos, o presidente da Xunta de Galicia e a conselleira de medio Ambiente, xa que non existe unha explicación sobre a gravísima e irresponsable decisión adoptada”. Advirte que “a idea de estar asistindo a unha decisión premeditada de causar un dano moi grave á imaxe das Illas Cíes, de Vigo e da súa economía, colle forza e consistencia”.

 

 

 

O responsable socialista explica que a imaxe da crise e a evidencia do descontrol na afluencia de visitantes por parte do Goberno galego “tira por terra o traballo de moito tempo” por parte do Concello e de toda a cidadanía de Vigo para potenciar as illas e conseguir que sexan declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

 

 

 

En definitiva, resume, a “absoluta incapacidade da Xunta de Galicia para xestionar todo o relacionado co Parque Nacional das Illas Atlánticas”, neste caso “poñendo en grave risco a seguridade marítima e a das persoas”, ten provocado “un gravísimo dano á imaxe das Illas Cíes e ao turismo da cidade de Vigo”.

 


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600