A Festa da Auga comeza cando o Santo chega á Capela e despois de que o pregoeiro dea por aberta a festa co lanzamento do primeiro cubo de auga

Información
Galicia | 15 Agosto 2017 | 3811 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
O Concello de Vilagarcía e a Comisión Veciñal “Auga que non has de beber…” coorganizadora da Festa da Auga lembran a todas as persoas que vaian a participar no multitudinario evento da mañá do día 16 de agosto algúns consellos para previr riscos durante a celebración. Trátase de recomendacións moi sinxelas que poden ser de grande utilidade como levar calzado cómodo, que evite esvarar e pechado ao pé, xa que as caídas son un dos principais riscos que existen nun evento de concentración de masas.
14.08.2017.- O uso de chancletas está totalmente desaconsellado porque poden propiciar traspés ao ser pisados por detrás e porque ao quedar descalzo poden sufrirse cortes ou lesións.

Debe terse especial coidado nos pasos de peóns e pavimentos pintados xa que, ao estar mollados poden resultar esvaradías.

Debe procurase vestir roupa pouco pesada e cómoda, non levar teléfonos móbiles nin cartos en billete xa que se poden perder ou estragar co impacto da auga.

Tamén en necesario que se rexeite a utilización de recipientes de cristal ou similares, xa que poden escachar no chan e dar lugar a cortes. E lémbrase que non debe collerse auga acumulada no chan, posto que pode levar areas ou outros líquidos que poidan mancar os ollos.

O servizo Municipal de Emerxencias disporá postos de socorro ao redor da Zona húmida Durante a lectura do pregón, unha ambulancia situarase entre a capela de san Roque e o instituto Castro Alobre e ao inicio da festa trasladarase ao perímetro da zona húmida, no centro. Outra ambulancia situarase de forma permanente no Cadavelo, fronte a Policía Nacional. En caso de accidente deberán dirixirse a eles ou chamar ao número de Emerxencias do 112.

Normas da celebración

Outro aspecto importante para garantir o normal desenvolvemento da festa é que se cumpran as tres normas básicas. A primeira é que a Festa da Auga comeza cando o Santo chega á Capela e despois de que o pregoeiro dea por aberta a festa co lanzamento do primeiro cubo de auga. A organización Prega que se respecte a subida da procesión popular e que non se tire auga durante o percorrido de ida.

A segunda norma é que se respecte a Zona Húmida, é dicir que só se boten auga nas rúas así establecidas; e a terceira que cunha o civismo e o respecto entre participantes activos e espectadores.