Información
Galicia

O Festiclown volve tomar as rúas de Vilagarcía polas Festas de San Roque na edición máis internacional dos últimos anos

Información
25 Julio 2017 2101 votos
O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, volve ter lugar por terceiro ano consecutivo en Vilagarcía de Arousa. O programa, que xa se pode consultar neste portal e na web http://www.festiclown.org , encherá a vila arousá, e, outro ano máis, as
parroquias darredor, coincidindo coas festas de San Roque. Presentárono na mañá deste venres, na
esquina entre as rúas Alcalde Rey Daviña e Valentín Viqueira, membros da corporación municipal, da AGADIC, da Obra Social de La Caixa, Nacho Fungueiriño, coordinador do Festiclown, e Fran Rei e Pedro Brandariz, ou Os Sete Magníficos Máis Un, compañía nacida no Festiclown, que fixeron unha pequena demostración das artes circenses e pallasas que se poderán atopar nas rúas vilagarciás.
22.07.2017. Como explicou a concelleira de Cultura, Sonia Outón, este ano o Festiclown dá “un pasiño máis” na súa consolidación, despois da Mostra Internacional que trouxera a Leo Bassi ou Pepe Viyuela o ano pasado, “agora teremos o mellor circo do mundo”. Quixo manifestar o seu agradecemento á “xente que fai posible o Festiclown”.

E este non sería posible sen a axuda das institucións: o director da AGADIC, Jacobo Sutil, que apoia o proxecto, apoiou os festivais de artes escénicas como estratéxicos no ámbito cultural “son un incentivo económico e turístico para as vilas e cidades, e as nosas axudas en réxime de recorrencia competitiva van nesta liña”. Salientou tamén a profesionalidade e capacidade de Culturactiva S. Coop. G., e reivindicou este festival e o xénero do clown como combinación de “goce dun evento cultural e riso”.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, explicitou “poucas cousas tiñamos tan claras e tan doadas de decidir como que se celebre o Festiclown un ano máis”. É unha aposta, “cada ano máis consolidada”, por levar a cultura a pé de rúa: “Se algo caracteriza o verán de Vilagarcía son as nosas rúas cheas de vida”.

Pola súa banda, Nacho Fungueiriño, da cooperactiva Culturactiva e coordinador do Festiclown,
agradeceulles ao Concello, a La Caixa e á AGADIC, a súa participación no proxecto, e indicou que “é un orgullo” volver á vila do Salnés: “levamos aquí tres anos en que se consolidou o festival e o acollemento da cidade foi óptimo”. Do programa, destacou a presenza de compañías internacionais “de primeirísimo nivel”, e o aumento de programación xeral, así como que esta se desenvolva practicamente na súa totalidade na rúa.

Remataron cunha pequena intervención artística Fran Rei e Pedro Brandariz, Os Sete Magníficos Máis Un, compañía que naceu ao abeiro do Festiclown no 2001, e que nesta ocasión presentou algúns gags de clown clásico que remataron case co alcalde “mollándose polo Festiclown”, aínda que finalmente foi Fran Rei quen realizou a “acrobacia” de “mergullarse” nun vaso de auga.

O programa

Esta edición do Festiclown, do 10 ao 15 de agosto, o festival desenvolverase practicamente na súa totalidade nas rúas, para chegar a toda a cidadanía no seu afán por democractizar a cultura. Ademais, aMostra Internacional deste ano trae algúns dos nomes máis destacados da escena internacional, coma a compañía belga Okidok, coa cómica Slips, a Fundación Tchyminigagua, que traen desde Colombia os seus impresionantes números de zancos sobre patíns, ou a brasileira Circo no Ato, que xiran por Galicia co seu espectáculo, realizado despois dun ano de traballo en colaboración con la Central del Circ de Barceloan, o Circo Crescer e Viver e a Escola Nacional de Circo do Brasil. E por último, Desastronauts, compañía integrada polo británico Girisho Gordon e Raquel Veganzones, con sede en Galicia, presenta o seu espectáculo Máis alto aínda, estreado con grande éxito na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do ano pasado. Este par de acróbatas fan seu, adaptado, o lema clásico do circo “máis difícil aínda”, lanzándose á conquista do aire combinada n outras acrobacias con aro, lume e moito humor.

Ademais, nos apartados Certame Intergaláctico e Superroquiños participarán algunhas dos mellores compañías de clown, malabares, maxia... Coma a pallasa Natalia Outeiro “Pajarito”, co'A vida tola, a compañía asturiana Vaques, con Ye orbayu, a vasca Malas compañías con Txatarra, ou as galegas Píscore co seu Concerto singular e Circo Chosco, con Forzu2. E un ano máis, o Festiclown esténdese ás parroquias, pola súa vocación de achegar a cultura a todos os públicos: Guillán, Carril, Castroagudín, Solobeira e Cornazo poderán gozar tamén de actuacións do mago Dani García ou Fran Rei. O carácter solidario do Festiclown queda tamén patente na parte do programa relacionada coa acción social: a Gala Solidaria Infantil, o domingo á mañá no Salón García, presenta aos magos Teto e Dani García, Os Sete Magníficos Máis Un e Jano Costas. A entrada solidaria, a 5 euros, destinarase aos proxectos que Pallasos en Rebeldía desenvolve en diferentes lugares do mundo. Tamén terán lugar unha acción inaugural cos nenos e nenas do campamento urbano de Vilagarcía, relacionada con derrubar fronteiras, un obradoiro de radio comunitaria con AGARESO, unha actuación do colectivo “Con eles”, unha actuación de Pallasos en Rebeldía co espectáculo O valo, sobre persoas refuxiadas, e unha visita de Pallasos en Rebeldía ao Hospital do Salnés, para levarlles a alegría aos nenos e nenas que non poden gozar do festival a pé de rúa, que terá lugar a próxima semana. Esta visita será a cargo da pallasa Laura Mandarina, que no apartado formativo do festival ofrece o obradoiro “Curando co riso”. O Formaclown complementarase cun taller de clown de Antón Valén e outro de maxia cómica a cargo do Mago Teto.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago