Aberto a partir do 1 de maio o prazo para anotarse na carreira 10K Carballo que se celebrará o domingo 19 de xuño

Información
Galicia | 30 Abril 2016 | 3578 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Imaxe da edición de 2015 da 10K Carballo (Foto: Ana García, La Voz de Carballo)

O domíngo día 1 de maio ábrese o prazo de Inscrición para participar na VI Carreira popular do Concello de Carballo, a 10K Carballo, que se celebrará o domingo 19 de xuño. Nesta edición mantense o carácter gratuito da inscrición para as 1800 prazas totales entre as 1200 para o 10K e as 600 para as categorías inferiores, dende biberón ate xuvenil. Mantense o mesmo circuito homologado e o carácter de proba oficial da Federación Galega de Atletismo. Na edición 2015 o total de inscritos foi de 1699, chegando a meta na proba de 10 Km 826 deportistas.

Os nosos mellores desexos para a gañadora de 2015

O récord do circuito estableceuno en 2015 Abdelaziz Fatihi, do Club Atletismo Sada en 32 minutos e 48 segundos. A vencedora feminina foi a deportista carballesa Vanessa Lafuente, cun tempo de 40 minutos e 6 segundos. A organización manifesta o seu forte desexo de que a deportista local se recupere canto antes e satisfactoriamente do accidente sufrido cando se desprazaba a unha competición deportiva.      

O prazo de inscrición está aberto áte o 15 de xuño ou ata acadar o límite de prazas estipulado para cada categoría

As inscricións admítense ate o día 15 de xuño de 2016 ou ata acadar as 1200 prazas nas categorías júnior, senior e veteranos, e as 600 no resto de categorías, respectivamente.
As formas e lugares de inscrición son:                


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600