Información
Galicia

Piden que se poña fin a manipulación urbanística dos terreos públicos do porto de A Coruña

Información
23 Julio 2017 1616 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ana Pontón diante da Autoridade Portuaria da Coruña

“Desde A Coruña se quixéramos ir a Ferrol por ferrocarril chegaríamos antes en bicicleta que neste tren, porque a modernización deste transporte non chega”, explicaba a portavoz nacional, Ana Pontón, como un dos moitos exemplos de discriminación do Estado coa cidade da Coruña e co conxunto do país, que o BNG está a denunciar cunha campaña de actos previa á celebración do 25 de Xullo.

“É un día para festexar que somos unha nación no mundo”, salientou, “pero ao mesmo tempo queremos converter o Día da Patria nunha gran manifestación social contra ese agravio”, e encher as rúas composteláns na manifestación nacional en Santiago para dicirlle ao Estado “que estamos fartos e fartas de que Galiza sexa a última carta da baralla”.

Só con ese enfoque se entende “a falta de respecto” que supón que o Goberno central vete a transferencia da AP9 como primeiro paso para acabar coa estafa dunhas peaxes “entre as máis caras do Estado nun país onde temos os salarios máis baixos”, e o presidente da Xunta “alegue como dificultade 7M€ ao mesmo tempo que Rajoy pon enriba da mesa 4.000 M para rescatar as radiais madrileñas”, denunciou.

Ana Pontón no mercado de San AgostiñoNo caso da Coruña, o BNG elixiu a sede da Autoridade Portuaria para denunciar a discriminación, “porque se intenta facer negocio con bens públicos”. “Desde o Bloque reclamamos que eses bens se devolvan á cidade da Coruña, debe ser unha prioridade de país porque non creemos nunha negociación na que se pretenda que @s coruñesas paguen por uns terreos que se lle roubaron ao pobo da Coruña”, alegou.

 

Neste sentido, Pontón reclamou ao Concello e á Xunta que se impliquen nesta reivindicación “para acadar a devolución gratuíta destes terreos que son de todos e todas, ese sería un trato xusto”. O BNG igual que a comisión, salientou, “leva traballando moito para conseguilo e por iso neste 25 de Xullo facemos nosa esta reivindicación da devolución destes terreos afectados”, concluíu.

Neste acto da precampaña do Día da Patria arrancou cun reparto de información das propostas nacionalistas no mercado de Santo Agostiño, no que tamén participou a portavoz municipal Avia Veira, responsables políticos locais e comarcais, militantes e simpatizantes.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)