O PARTIDO POPULAR REXEITA GARANTIR A CONTINUIDADE DA ESCOLA UNITARIA DE SOANDRES
O PARTIDO POPULAR REXEITA GARANTIR A CONTINUIDADE DA ESCOLA UNITARIA DE SOANDRES
Información
05 Mayo 20172726 votos - Registrate para votar
No día de onte debateuse unha iniciativa do BNG no Parlamento Galego, en concreto na Comisión nº 4 de Educación e Cultura, que foi rexeitada polo voto en contra do Partido Popular. En concreto tratábase dunha Proposición Non de Lei (PNL) mediante a que o grupo parlamentar do BNG pretendía instar á Xunta de Galiza a garantir a continuidade da escola unitaria A Revoltiña de Soandres, que foi rexeitada co voto en contra do PP. Deste xeito, o grupo que apoia o goberno evitou comprometerse na defensa da continuidade desta escola rural, afirmando o seu portavoz que só estaría garantida a súa continuidade no vindeiro curso escolar se hai un mínimo de 6 matrículas formalizadas no mes de agosto cando se publiquen os datos de matriculacións.
Desde o BNG defendemos a continuidade desta escola, independentemente de que nun ano concreto non chegue ás 6 matrículas, pois entendemos que cómpre mirar o futuro máis alá do vindeiro curso para avaliar a súa viabilidade. Ademais , desde o goberno da Xunta vénse de anunciar de xeito propagandístico moitos cartos para investir no rural, para fixar poboación no medio rural, cando ao mesmo tempo están a pechar servizos tan necesarios como as escolas unitarias. Pois o que precisa o rural son feitos e non propaganda, precisa servizos para que a xente decida quedarse e non marchar para as vilas ou cidades. E precisa ademáis un maior compromiso na dotación de servizos complementarios nas escolas unitarias, servizos que son os que en moitas ocasións determinan que as nais e pais opten por levar as súas crianzas a un CEIP en vez de matriculalas na escola unitaria da súa parroquia.
Adxúntase o video do debate da PNL na Comisión 4ª do Parlamento:
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)