Piden adopción de medidas para protexer o Castro de Santa Baia (Soandres) ante o total abandono polo goberno do PP que dirixe o Concello baixo o Sr José Manuel López Varela

Información
Galicia | 22 Marzo 2017 | 3183 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O BNG da Laracha levará ao próximo Pleno da Corporación (venres 31 de marzo ás 13:30), na que demandamos a adopción de medidas para protexer o Castro de Santa Baia (Soandres) no que se abriron unhas pistas no seu entorno polas que circulan motos e outros vehículos (que mesmo atravesan a croa) e que están a deteriorar este ben patrimonial do noso concello. Cando o concello leva anos presumindo de que vai adquirir e poñer en valor 5 elementos patrimoniais do noso concello (este castro entre eles), entendemos desde o BNG que non se pode permitir este deterioro, que non é de recibo este desleixo por parte do goberno municipal co noso patrimonio e que se debe actuar xa para protexer este castro e o resto de bens patrimoniais catalogados e protexidos no PXOM aprobado no ano 2003.

Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

 

No Castro de Santa Baia, na parroquia de Soandres, hai feito un camiño no seu entorno e que mesmo pasa por enriba da croa, polo que se ve que pasan motos e mesmo outro tipo de vehículos tipo todo terreo.

 

Desde o BNG entendemos que non se pode permitir o deterioro do noso patrimonio e que o concello debe adoptar as medidas oportunas para tratar de evitalo. Cando hai aprobado un plan para a recuperación de varios elementos patrimoniais, o primeiro que se debe facer –desde o noso punto de vista- é sinalizalos e protexelos, non só os que se van adquirir por parte do concello senón todos os que aparecen recollidos no PXOM.

 

É por isto que desde o Grupo Municipal do BNG SOLICITAMOS:

 

Que desde o goberno municipal se adopten as medidas oportunas para protexer o Castro de Santa Baia e intentar evitar que continúe o seu deterioro, eliminando o camiño feito que o atravesa e sinalizando o perímetro que debe ser protexido. Solicitamos tamén que se actúe do mesmo xeito en todos os elementos patriomiais catalogados no PXOM, sinalizando e protexendo os mesmos e dándolles aos propietarios dos terreos nos que se atopan toda a información relativa a cada elemento patrimonial e a súa necesaria protección.

 

A Laracha, a 22 de marzo de 2017

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600