Información
Galicia

A directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras, nomeada Muller do Ano 2017 de Narón

Información
08 Marzo 2017 3116 votos

Intervención Flor MaceirasNarón, 8 de marzo de 2017. A directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras (A Coruña, 1964), resultou elixida Muller do Ano 2017 en Narón. O nomeamento aprobouse por unanimidade plenaria a finais do pasado mes de febreiro pero non foi ata esta mañá, ás 12.00 horas, cando o alcalde, José Manuel Blanco, lle comunicou ante representantes do goberno local e o público asistente que era a muller homenaxeada este ano. O rexedor local fixo un repaso pola biografía de Maceiras, destacando, entre outros, o feito de que a través da Escola de Teatro de Narón “está a formar a actores e actrices que levan o nome de Narón alá por donde van cos seus éxitos” e destacou tamén a súa colaboración con diferentes causas. Destacou Blanco a traxectoria profesional de Maceiras, tres veces nominada aos Premios María Casares de Teatro e galardoada co premio Ibán Toxeiro no ano 2013 pola súa contribución ao desenvolvemento do teatro. Unha emocionada Flor Maceiras recibiu os aplausos de tódolos asistentes ao acto, entre outros de ámbito cultural e relativos ao cine. A homenaxeada chegou esta mañá ao Concello xunto cun grupo de cómplices para participar nunha reunión, polo que o nomeamento foi todo unha sorpresa para ela. Ao acto asistiron, ademáis dos portavoces e edís da corporación local, persoal da Escola de Teatro de Narón, a actriz Iolanda Muíños (tamén nomeada Muller do Ano de Narón no ano 2013), o director teatral naronés José Prieto e numerosos amigos e amigas da homenaxeada.

A Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, destacou o feito de que Maceiras “é unha muller loitadora” e destacou a súa labor á fronte da Escola de Teatro de Narón. A continuación, procedeuse á entrega duns agasallos, entre eles, un cesto con plantas aromáticas –romeo, lavanda, tomelo, etc.- e un reloxio en cuxa parte posterior están grabadas as verbas: “Muller do Ano Narón 2017”. Así mesmo, Maceiras recibiu un cadro do artista “Juanlu” -cun debuxo alusivo ao teatro pensado exclusivamente para a homenaxeada, tal e como indicou a portavoz de TEGA e vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro-, no que se pode ler a frase: “O teatro é poesía que sae do libro para facerse humana”, autoría do poeta e dramaturgo español Federico García Lorca e moi coñecida por Maceiras, tal e como asegurou. Así mesmo, entregóuselle un pergamiño no que se recolle o acordo plenario do seu nomeamento, unánime por parte da corporación local, e tamén dúas entradas para a Cea da Muller, que se celebrará na cidade o vindeiro venres, día 10.

A continuación, Flor Maceiras iniciou a súa intervención asegurando que “en absoluto son merecedora de tal mención”. Agradeceu profundamente o acto organizado polo Concello para visibilizar a labor das mulleres que traballan na cidade nos diferentes oficios “e iso paréceme realmente un premio, pero non só para min, para Cris, Silvia, Celia, que non está hoxe, Rosi…”. “Teño asorte de traballar nun oficio que nos aprende a ser iguais” e pediu publicamente aos asistentes “non só que vaiades ao teatro, senón tamén que o fagades”.

Tivo tamén palabras de agradecemento Flor Maceiras para o Padroado da Cultura, titular da Escola de Teatro de Narón, e para a veciñanza de Narón, á que convidou “a pasar un día pola Escola para que vexades ata onde somos iguais e que bó é vivir en igualdade”.

Finalmente, Maceiras asegurou que “me honra especialmente e acepto compartir este recoñecemento coas miñas compañeiras do teatro de Narón, non só da Escola de Teatro, que hai moitas. Paréceme importante manter este día, non tanto de celebración como reivindicación do traballo produtivo e reprodutivo das mulleres, recordando as orixes deste 8 de Marzo, e pido que non se deixe de traballar pola igualdade porque o feminismo é necesario”. Rematou Maceiras o acto colocándolle ao alcalde na solapa da súa chaqueta unha chapa conmemorativa do 8 de Marzo, cun especial significado para ela, tal e como asegurou.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago