Pontón considera que a Solana é “do pobo da Coruña” e reclama a súa devolución gratuíta á cidade

Información
Galicia | 22 Enero 2017 | 3469 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a súa intervención no ciclo de conferencias organizado polo Foro Cívico da Coruña para salientar que o BNG foi o primeiro en denunciar a operación especulativa que tramaba o PP para os terreos da Solana e do Hotel Finisterre, e pide que se anule a poxa e se ceda este espazo ao seu lexítimo dono: O pobo coruñés.

“Desde o BNG faremos o necesario para garantir a devolución gratuíta da Solana e do Hotel Finisterre porque son do pobo da Coruña, hai que ir máis aló de paralizar a poxa e anulala definitivamente para restituír o apropiado indebidamente por parte da autoridade portuaria”, un exemplo máis, dixo das consecuencias do proceso de recentralización do PP.

“Falan dun Estado descentralizado pero decisións clave para as nosas vidas seguen tomándose fora”, denunciou, como o caso da AP9 privatizada desde Madrid por Aznar, na que é o Ministerio de Fomento quen mantén a estafa das peaxes e nega o rescate desta autoestrada, é o Goberno central quen xestiona os portos e aeroportos ou quen ten a competencia da seguridade vial.

Conferencia de Ana Pontón no Foro Cívico da Coruña“Son exemplos que proban que o actual Estatuto de Galiza é unha reliquia, un traxe estreito e temos que dar pasos para ter capacidade real de decidir en todas as cuestións que nos afecten como nación e como pobo”, indicou.

Pontón falou do proxecto político que representa o BNG en vésperas de celebrar a XVI Asemblea nacional, que culminará un ano de debate desde as bases “que serviu para actualizar discurso e propostas”.

“Queremos sumar a todas as persoas que aposten por un proxecto de país coas nosas propias forzas, que confíen no potencial de Galiza para construír un futuro de emprego e benestar social”, indicou, “porque estou convencida, temos a capacidade para ser un país coa mesma calidade de vida que Dinamarca ou Finlandia se tomamos o control dos nosos recursos e os xestionamos en función dos intereses dos e das galegas”.

Neste sentido, salienta que o Bloque é unha organización cos cabeza e co corazón nesta terra, e que o reto é demostrar “que o noso proxecto de país merece a pena porque é inclusivo, constrúe oportunidades, garante dereitos, porque se asenta na xustiza social, na igualdade, na autoestima colectiva e no desenvolvemento das nosas capacidades ”, indicou Pontón.

zLATN5S5Política con maiúsculas

A dirixente nacionalista explicou na conferencia as prioridades do Bloque nun momento “crítico” no que “a política con maiúsculas é máis necesaria que nunca”.

Acadar un novo modelo de financiamento no que o Estado deixe de facer caixa con Galiza, -onde recada 3.000 millóns de euros máis dos que inviste-, e que permita blindar os nosos servizos públicos e sociais. “O BNG defende, é o único, un concerto económico galego que nos permita a xestión íntegra dos nosos recursos”, indicou.

Creación de emprego de calidade, cunha aposta pola I+D+i como base do desenvolvemento dos sectores produtivos é outra das prioridades do Bloque, así como abordar a situación demográfica “nun declive que nos leva a ser cada vez menos e máis vellos”, advertiu. Urxente tamén a loita contra a violencia machista como prioridade de país e, desde logo, a defensa da lingua e da cultura galegas, como sinais de identidade e fontes de riqueza.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600