Bará pide destinar unha partida do orzamento 2017 para dragar a ría de Pontevedra

Información
Galicia | 19 Enero 2017 | 3665 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Luís Bará en comisión parlamentaria Luís Bará en comisión parlamentaria A través dunha proposición non de lei defendida polo deputado nacionalista, Luís Bará, o BNG reclamou hoxe, na comisión de Ordenación do Territorio destinar unha partida do Orzamento do 2017 para licitar o proxecto de dragado do fondo da ría de Pontevedra, “nunha única fase”.

Bará explicou que despois de seis anos de tramitación, o proxecto non se fixo realidade o que está a provocar “graves consecuencias para o sector do mar” ao impedir a rexeneración e recuperación dos bancos marisqueiros e , de maneira especial, á actividade marisqueira a flote.

O deputado subliñou  que o BNG comparte a preocupación dos sectores marisqueiro e navegación deportiva ante o retraso “acumulado” do proxecto o que obriga a súa modificación para adaptalo aos cambios normativos e de situación dos fondos mariños que seguen acumulando sedimentos.

O PP pon data, primeiro semestre de 2018

Pola súa parte, o  portavoz do Partido popular, Martín Fernández  respondeu   que a execución do proxecto resulta “imposible facela dentro deste ano” por  atopase en  proceso de alegacións que  deben ser informadas e    anunciou que  intención da consellería en poder inicialo é  “no primeiro semestre do ano 2018”.

O deputado do BNG agradeceu o apoio do Partido socialista e lamentou “a oposición  á iniciativa nacionalista do grupo parlamentario de En Marea”. Bará tamén respondeu  ao portavoz do Partido popular  que resulta necesaria a dragaxe para que non queden os barcos en seco e a pesar da complexidade da obra e controis ambientais “o retraso das obras non é xustificado”. O nacionalista  pediu celeridade para o iniciou do proxecto, sobre todo agora, dixo,  que Portos de Galiza mudou de actitude e agardamos que este cambio propicie un “diálogo máis  fluído entre administracións” para que o proxecto avance.

Por outra banda, o parlamentario do BNG tamén instou á Xunta a implementar medidas para corrixir o “incumprimento” do tratamento de augas residuais denunciado pola Comisión europea nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela así como en Aguiño- Carreira no concello de Ribeira.

Trala intervención da portavoz do Partido popular, María Antón que acusou aos alcaldes de Compostela e Vigo do que acontecendo coa depuración das augas residuais, o nacionalista reiterou que a iniciativa do BNG reclama “velar polo cumprimento e solución deste problema”, unha redacción, recalcou moi comedida como para que vostedes a apoien pero o PP está na “posición do non”. Vostedes,  “ teñen competencias en materia de depuración de augas e xestionan varias estacións ” e ademais, a Xunta algunha responsabilidade debe ter nas novas depuradoras. “O PP gobernando na Xunta e no Estado contratou e asumiu os custes das obras polo que deben pedir explicacións de porqué estas instalacións  funcionan mal.”

No caso da nova EDAR, Bará lembrou que o PP tivo tres alcaldes en Compostela, ademais de gobernar na Xunta pero segue  votando a culpa a un alcalde que leva 15 meses no cargo e que denuncia que as administracións non o informan, non sei que terá máis culpa, preguntou o deputado do BNG.

Para o nacionalista, a resposta da deputada popular responde á estratexia electoral  do PP de atacar sistematicamente  aos gobernos das cidades. Vostede segue fielmente a “consigna” e creo que se equivocan con esa liña.