Carballo e Ponteareas establecen vínculos de cara a unha futura colaboración en diferentes áreas

Información
Galicia | 15 Enero 2017 | 3221 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Representantes dos gobernos municipais de Carballo e Ponteareas mantiveron este venres unha primeira xuntanza de traballo na que se estableceron vínculos de cara a unha futura colaboración institucional. O alcalde ponteareano, Xosé Represas, viaxou ata o noso concello xunto con varios membros do seu goberno _un tripartito integrado por BNG, PSOE e A Riada do Tea_ para interesarse polo funcionamento de determinadas áreas, servizos e programas que se están a desenvolver en Carballo e que son unha referencia noutros puntos de Galicia.

A delegación ponteareana traía a axenda cargada de temas, pero os que acapararon a extensa e distendida reunión foron o sistema de xestión do alumeado público, a posta en marcha dos Consellos Parroquiais, o mantemento da extensísima rede viaria ou dos servizos xestionados a través de Carballo Limpo, e a política cultural.

En materia educativa, da que tamén se falou, os representantes dos dous concellos, que contan con cadanseu Conservatorio Profesional de Música, denunciaron os progresivos recortes das achegas da Xunta de Galicia ata chegar aos cero euros actuais e reclamaron para os conservatorios de grao medio o mesmo tratamento que reciben os de grao superior en materia de financiamento, xa que se trata de servizos moi deficitarios. En Carballo ese déficit rolda os 200.000 euros, mentres que en Ponteareas supera os 300.000 malia que o custo da matrícula practicamente triplica a de Carballo, sen contar as cotas mensuais que ten que aboar o alumnado, e que no noso caso non existen.

Ponteareas é un concello da comarca pontevedresa do Condado, ten unha extensión de 126 km2, 24 parroquias, algo máis de 23.000 habitantes e, malia a distancia física, dende onte está un pouco máis preto de Carballo.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600