O Goberno na Deputación de Pontevedra utiliza o rescursos públicos para facer política electoral cando xa pasou o días dos inocentes...

Información
Galicia | 01 Enero 2017 | 3677 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra emite un comunicado feito cos recursos públicos, no que afirma que Carmela e seu Goberno (PSOE) destinou 2 millóns de euros a Vilagarcía... Nos preguntamos...?, non sería a Deputación de Pontevedra que e a dona dos cartos públicos...Xuzguen vostedes mesmos o cumunicado.

O Goberno de Carmela Silva investiu no Concello de Vilagarcía de Arousa durante 2016 preto de 2 millóns de euros

Só no referido ao Plan Concellos os recursos da institución provincial destinados á vila arousá foron un 24 % máis que no ano 2015

A Deputación de Pontevedra investiu en Vilagarcía de Arousa en 2016 un total de 1.894.690,82 €. En liñas xerais, o Goberno de Carmela Silva dedicoulle ao Concello do Salnés 3.000 € en mobilidade, 72.000 € en cohesión social e xuventude, 73.000 € en cultura e lingua, 114.000 € para o fomento do emprego, 96.000 € para o impulso do deporte, outros 21.000 € para a igualdade entre mulleres e homes e 20.000 euros en materia de medio ambiente.

Do total de investimentos, 1.447.806,76 € correspóndense co Plan Concellos 2016, que foron case un 24 % máis que no ano anterior. Na liña 1 Vilagarcía de Arousa recibiu 1.040.447,72€ para a subministración e instalación dun sistema de megafonía no salón de plenos municipal, dun sistema de copias de seguridade e dun sistema de gravación e postminutaxe das sesións plenarias; realización de melloras no sistema eléctrico a través de dous "switches"; reparacións no estadio de atletismo no complexo deportivo de Fontecarmoa; tratamento de medianeiras e elementos singulares na rúa RomeroOrtiz; subministración dunha motocicleta e cinco bicicletas á Policía Local; varias obras de acondicionamento e mellora do punto limpo de Pinar do Rei; construción dunha escola infantil en Vilaxoán; as instalacións multideportivas de Carril e subministración de catro coches de pedais e dous remolques de asentos adicionais para o parque infantil de tráfico. Ademais, 15.500 € destináronse a sufragar gastos correntes a través da liña 2; 51.537 €, na liña 3, para o desenvolvemento dun programa de actividades no eido da igualdade e prevención da violencia de xénero, o Tecnoverán 2016, os gastos de funcionamento do Conservatorio Profesional de Música e dúas intervencións con familias en situación de emerxencia social e para a inclusión da poboación xitana; e, grazas á liña 4,creáronse 34 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 322.322,04 €.

Á marxe do Plan Concellos 2016, Vilagarcía de Arousa recibiu 72.583,92 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con preto de 80 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, e axudas para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural e para a dinamización lingüística. Tamén se destinaron 71.553,29€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais especializados ou ben mediante os programas "En ruta coa Depo" (que acolleu a 9 asociacións), "Depo en marcha", "DepoRÚArte", "Depotermal" (coa participación de 26 persoas) e"Depo Aventura A Lanzada", no que participaron 110 nenas e nenos do concello.

Así mesmo, Vilagarcía recibiu 96.212,48 € para o deporte federado de base, a Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra, actividades deportivas, axudas para a participación en ligas e competicións oficiais nacionais, diversas actividades deportivas e as cinco DEPOrte Escolas de fútbol (tres), piragüismo e patinaxe, así como 114.274,56 € para o fomento do emprego a través dos plans de práctica laboral, que están permitindo que catro persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello de Vilagarcía de Arousa e outras oito no seu tecido empresarial. Tamén se achegaron 21.364,55€ para igualdade, a través do programa "Conectadas 2016" e as axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero; 20.200 € destináronse a medio ambiente, grazas ás axudas para o mantemento dos campos de fútbol e para as confrarías de pescadoras e pescadores; e outros 2.518,82 € para mobilidade, en concreto para o Plan Móvese.

De cara a 2017 o Concello de Vilagarcía recibirá, só no referido ao Plan Concellos, 1.397.028,74 €, cartos aos que haberá que engadir todas aquelas axudas dos diferentes servizos e áreas da Deputación.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600