Os concellos afectados pola venta de Eptisa organízanse coa intención de abordar o problema
Os concellos afectados pola venta de Eptisa organízanse coa intención de abordar o problema
Información
28 Diciembre 20163457 votos - Registrate para votar
Despois de que Vilagarcía dera a coñecer a incerteza tras a adquisición de Eptisa por un xigante empresarial chinés, a voz de alarma saltou entre os outros 16 concellos de Galicia que tamén teñen adxudicada á empresa a redacción dos seus plan xerais de ordenación municipal. O alcalde, Alberto Varela, xa contactou con varios rexedores de diferentes partidos coa intención de organizarse e, ademais de dirixirse individualmente á nova dirección do grupo, tamén pretenden manter unha xuntanza conxunta cos responsables da Xunta, xa que esta administración subvenciona a redaccións dos plans e, polo tanto, tamén se ve afectada por este novo escenario.
27.12.2016.- Contar cos Plan Xeral de Ordenación urbana Municipal é unha obriga legal e axustalos aos cambios normativos que vai realizando a administración autonómica tamén. A importancia que revisten os planeamentos é a razón pola que a Xunta de Galicia, a través da secretaría Xeral de Urbanismo, colabora cos concellos subvencionando os complicados traballos de redacción dos documentos. E neste punto, á administración autonómica é unha afectada máis. A idea que s está a fraguar entre os 17 municipios galegos que teñen contratados estes ordenamentos con Eptisa é trasladar a súa preocupación aos responsables autonómicos e determinar entre todos as posibles liñas de actuación. Namentres, e tal como xa anunciara a semana pasada o alcalde de Vilagarcía, a Xunta de Goberno Local acordou na reunión desta mañá, dirixirse por escrito á nova dirección de Eptisa para que, de forma oficial, informe de si están en disposición de continuar coa redacción do PXOM de Vilagarcía cumprindo cos prazos previstos e nas mesmas condicións e cos mesmos recursos especificadas no contrato asinado no seu día entre ambas partes. O coñecemento destes datos é básico e fundamental para que o Concello decida, si é preciso, os seguintes pasos a dar, xa que o goberno socialista non quere que o Plan Xeral acumule máis demoras.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)