CCOO esixe que se garanta garanta o acceso á enerxía eléctrica a toda a poboación

Información
Galicia | 27 Diciembre 2016 | 3070 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A «pobreza enerxética» é unha máis das expresións da pobreza, pero, tamén, da crise, xa que boa parte dos casos se deben á redución de ingresos das familias —especialmente polo desemprego e a desvalorización salarial— e tamén polo encarecemento das facturas.

Malia a isto e aínda que afecta a máis de cinco millóns de persoas en España, a pobreza enerxética caracterízase pola súa invisibilidade ata que algún caso —polo xeral, dramático— trascende á opinión pública. CCOO coida que o debate social e político xerado por estes «lamentables» sucesos obriga a unha regulación que protexa eficazmente as persoas en situación vulnerable.

Desde o sindicato defenden a urxencia tanto de medidas paliativas como doutras que atallen as causas reais desta pobreza. Así mesmo, CCOO esixe unha normativa estatal que prohiba os cortes de subministración enerxética aos consumidores domésticos por falta de pagamento sen unha consulta previa aos servizos sociais.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600