O pleno debate a aprobación da adxudicación da xestión do servizo do Ciclo Integral da Auga por un período de 20 anos

Información
24 Diciembre 2016 2887 votos - Registrate para votar
Rolda de prensa

Un momento da presentación dos asuntos do pleno

A corporación carballesa celebra o luns 26 a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de decembro. O principal asunto da orde do día é a adxudicación do contrato de xestión do servizo público, por procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, baixo a modalidade de concesión, que ten por obxecto o "Ciclo integral da auga". Segundo a proposta, o canon inicial anticipado ofertado pola empresa licitadora, Gestagua SA, en concepto de contrapartida pola utilización do uso das instalacións durante o período concesional sería de 3.045.030 euros.

O coste unitario do servizo para os domicilios particulares do municipio sería de 1,2560 euros (sen IVE) por m3 de auga facturada

Así mesmo, as melloras ofertadas ascenden a 1.001.558,67 euros de execución material, que se reparten entre a sectorización da rede de abastecemento e o sistema de automatización do servizo. Por último, o coste unitario para os domicilios particulares sería de 1,2560 euros (sen IVE) por m3 de auga facturada. O pleno debe aprobar por unanimidade a proposta de adxudicación debido ao importe do contrato, que tería un período de duración de 20 anos, sen incluír unha posible prórroga de 5 anos mediante o acordo das partes. Na comisión informativa previa ao pleno o asunto foi ditaminado cos votos a favor de BNG e PSOE, a abstención do PP e o voto en contra de TEGA.

Escola de Vilela

Outro dos asuntos da orde do día é a aprobación da desafectación da escola unitaria situada no lugar de San Miguel, na parroquia de Vilela. Proponse alterar a súa cualificación xurídica, pasando de ser de servizo público destinado ao ensino para ser ben patrimonial do Concello de Carballo. O ben inmoble pasa por este proceso despois de transcorrido un período de máis dun curso sen que fose usado como escola. Do mesmo xeito, este curso deixaron de funcionar as escolas de Ardaña e a de Oza e o Concello deixará pasar un tempo prudencial antes de emprender con elas o mesmo proceso. No caso de Vilela, os veciños e veciñas xa teñen expresado o seu interese para evitar o abandono do local. Na comisión o asunto foi ditaminado por unanimidade.

Por último, a sesión pecha cunha moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE na que se "insta ao Goberno de España a permitir que as entidades locais reinvistan o seu superávit en 2017, sen necesidade de xerar novos ingresos polo mesmo importe, a través dunha autorización legal para esa reinversión que xurda da prórroga orzamentaria dos Presupuestos Generales del Estado". O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que presentou os asuntos do pleno acompañado da 2ª Tenente de Alcalde, Milagros Lantes, expresou a intención do grupo do BNG de apoiar a proposta socialista. Na comisión informativa PP e TEGA abstivéronse.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago