A sociedad da Provincia de A Coruña crispada polo presupuesto da Deputación de A Coruña e o despilfarro de mais de 70 millóns de euros xustificados no emprego que aumenta gravemente na provincia

Información
Galicia | 20 Diciembre 2016 | 3309 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Formoso acredita cos novos orzamentos que hasta o día de hoxe non lle preocupaba o emprego, xustificado con mais de 74 millóns de euros como protagonista para "mais cursos de formación" onde a sociedade consta alarmada polos fraudes masivos entre eles a "Operación Zeta", mentres a sociedade xa esta farta de tantos cursos e formacións de emprego que non chegan a ningunha parte, que non sexa despilfarrar cartos públicos a moreas.

O comunicado feito a medida do político e Presidente do ente provincial, non convence a ninguen que non sexa afian ao PSOE e as Mareas.

 

O comunicado con a información que quere a Diputación que vexas.-

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, compareceu esta mañá ante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para presentar as liñas principais do Orzamento da institución provincial para o exercicio 2017.

González Formoso afirmou que a previsión de ingresos totais para o exercicio 2017 ascende a 176.515.000 euros, o que supón un incremento do 0,52% sobre as do exercicio anterior. O límite de gasto non financeiro que permite cumprir o obxectivo de estabilidade orzamentaria ascende a 154.434.229 euros, polo que as dotacións orzamentarias faranse con cargo a este límite e dotarase o Fondo de Continxencia, para atender necesidades urxentes, con 3.530.000 euros, que supón arredor do 2% do total das previsións de gasto.

Todos os investimentos e plans provinciais financiaranse con recursos propios, sen apelación ao crédito, de tal xeito que se manterá a situación de "débeda cero" do organismo provincial e o total do investimento será inmediatamente executable a partir do 1 de xaneiro.

O presidente provincial cualificou os orzamentos de "austeros, realistas, socialmente sensibles e orientados fundamentalmente á creación de emprego", ademais de destacar o seu carácter "dinámico e adaptativo" nun escenario caracterizado pola ausencia de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 e "polas limitacións derivadas da Lei de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, que ten por obxectivo superar os indicadores adversos de débeda e déficit que proceden doutras administracións públicas, fundamentalmente do Estado e as Comunidades Autónomas".