Condenan a GAS NATURAL FENOSA por factura abusiva e ilícita a interrupción da subministración e a inscrición do cliente nun ficheiro de morosos

Información
Galicia 09 Diciembre 2016 3221 votos - Registrate para votar

705337d2 0cb1 4320 b57c 18c504d407c4Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña. O xuíz estima a demanda interposta pola Fiscalía contra Gas Natural e declara que a conduta consistente en facturar consumos de enerxía eléctrica xerados en períodos anteriores a un ano tomando como referencia a data na que se expiden as facturas é abusiva e, por tanto, ilícita. Así mesmo, considera igualmente abusiva e ilícita a interrupción da subministración e a inscrición do cliente nun ficheiro de solvencia patrimonial nos casos en que non sexan abonadas as facturas emitidas nestas circunstancias.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (Ste. GAS NATURAL.pdf)Ste. GAS NATURAL.pdf 65 kB

A sentenza prohibe a Gas Natural emitir no futuro facturas de consumo de enerxía eléctrica cunha demora superior a un ano, así como a interrupción da subministración ou a inclusión dos clientes nos mencionados ficheiros. O xuíz tamén acorda que o fallo se comunique ao Ministerio de Industria e Enerxía, “por se procede impoñer á empresa demandada sancións de carácter administrativo, de conformidade co establecido na Lei 24/2013 do sector eléctrico”. A sentenza non é firme e contra ela cabe recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Nos gustaría recibir tus propuestas
denuncias y comentarios.. ?

Envíanos tus comentarios..!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600