Información
Galicia

Feijóo se sube o soldo ante centos de parados sen prestación de ningún tipo e medrando en Galiza en novembro máis do triple que no Estado

Información
07 Diciembre 2016 3029 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O paro medrou en Galiza no mes de novembro máis do triple que no conxunto do Estado español, até alcanzar as 203.554 persoas rexistradas no Servizo Público de Emprego. O noso país foi a terceira comunidade onde máis se incrementou, xa que a subida atinxiu o 2,32% con respecto a outubro (fronte ao 0,66% da media estatal).

A evolución do paro rexistrado no mes de novembro sitúa a Galiza nunha situación preocupante no que o mercado laboral se refire xa que non só medra o desemprego -algo habitual nestas datas-, senón que o fai nunha porcentaxe máis elevada con respecto a anos anteriores. Ademais, a subida e tres veces e medio máis que o incremento contabilizado no conxunto do Estado.

Deste xeito, o número de persoas paradas en Galiza situouse en 203.554, un 2,32% superior ao mes de outubro. Pola contra, na media estatal o medre foi do 0,66%. 

En Galiza o paro medrou en todos os sectores

A análise por sectores tamén amosa un comportamento máis negativo en todos eles. No conxunto do Estado a industria e a construción experimentaron un descenso do desemprego, mentres que unicamente o sector servizos tivo unha evolución negativa; en Galiza medrou en todos os sectores, sendo o maior incremento no sector servizos (un 2,65% máis); tanto a industria, cunha subida do 1,68%, como a construción, cun 1,47% máis de parados/as, rexistraron comportamentos moi preocupantes.

Inutilidade das reformas laborais

A pesar deste evolución de medre do desemprego e de caída da afiliación o número de contratos rexistrados alcanzou os 76.080 en Galiza, dos que tan só o 7,9% foron de carácter indefinido. Isto evidencia a elevada rotación e a escasa duración dos contratos para un número importante de traballadores/as, que se manteñen no mercado de traballo nunha situación moi precaria. Os datos de afiliación á Seguridade Social veñen confirmar esta grave situación, xa que de media descendeu en 3009 persoas no noso país durante o mes pasado.

Diante disto, o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, insiste en que se confirma unha vez máis a inutilidade das reformas laborais aplicadas polo PSOE e o PP para xerar emprego e para que este sexa de calidade. “A precariedade do mercado laboral galego non deixa de medrar, e xa temos case un 92% de contratos temporais”.

Diante disto, sostén que son posíbeis outras receitas para recuperar o mercado laboral e lembra que a central presentou unha Iniciativa Lexislativa Popular que contiña 100 medidas para o crecemento económico e o emprego que foi tombada no Parlamento cos votos do PP.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+