Feijóo segue a entregar contratos e privatizacións co público a empresa que emplea a súa irman.

Información
Galicia | 05 Diciembre 2016 | 4875 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Servizos privatizados: máis caros e precarios. Exemplo da nave de libros do Tambre..(...)A realidade é que estamos ante outro contrato montado para a empresa Eulen (que leva coa adxudicación do servizo desde 2012) para darlle uns cartiños cunha grande marxe de beneficio. E sabedes quen figura de apoderada na dita empresa?: a irmá de Feijóo  según o diario El Confiedencial (...) 12 millóns a dedo aos medios nos últimos anos sen cumprir as normas de contratación e subvencións.......(+)

 

 

No DOG do 29 de novembro anúnciase a contratación do servizo de xestión dos fondos bibliográficos da nave que a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universiatria ten no Polígono do Tambre en Compostela.

 
O caso é que se van a gastar 180.000 euros (en tres anos) para empaquetar libros que enviarán aos centros escolares e culturais do país. No prego de prescripcións técnicas solicítase que para este contrato un posto de mozo/a de almacén, amáis dun seguro de responsabilidade civil e unhas traspaletas. O mozo ou moza de almacén vai estar ben pagado porque ata os 60.000 euros/ano ten que valer moito o seguro e a traspaleta.
A realidade é que estamos ante outro contrato montado para a empresa Eulen (que leva coa adxudicación do servizo desde 2012) para darlle uns cartiños cunha grande marxe de beneficio. E sabedes quen figura de apoderada na dita empresa?: a irmá de Feijóo
Se a Consellería se deixara de darlle cartos aos amigos e contratara persoal propio aforrábase preto de 40.000 € por ano. Por exemplo: a creación dun posto de persoal subalterno (do mesmo grupo profesional que o mozo de almacén) custaría uns 20.000 € anuais (con costes sociais incluídos).  Para os locais, a Xunta xa conta co seu propio seguro de responsabilidade civil e a traspaleta podería alugala ou comprar unha automática por menos de 1.000€ e xa lle quedaba para a Xunta. 
COMO QUE NON HAI CARTOS???!!! Están tirando con eles!!!

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600